luns, 31 de agosto de 2026

Eu tamén fun coas vacas

.... construíamos fornos nos valados/..../ E muíños de auga nas
fervenciñas dos regos e presas,con bolecos nas aspas para que
xirasen máis depresa/..../
E cacerías de tiopas, botándolles a auga para que saísen fóra e
estando horas se cadra caladiños coma defuntos” (Afonso Eiré ) 


I
A orixe


Neses azares misteriosos que tanto nos reconfortan, antonte atopei unha alfaia que xa daba por perdida (con grande dor de corazón).

Eu tamén fun coas vacas.
Afonso Eiré. Narrativa.Edicións Espiral
Maior S.L.
A Coruña. 2000

Este libro apareceu no 2001 e faltoume tempo para mercalo (Follas Novas, of course).
Inmenso pracer identificarme co protagonista - sei do que fala!-.
Entusiasmado, partillei e prestei a amigos e familia.
E nunca máis souben del.


II
Onte


Foi onte, preparando mudanza, cando mesturado con libros descartados –outro día fálovos desa tortura –recupero esta alfaia, que releo con devoción e curiosidade... e fico abraiado!


III
Hoxe

Son 116 páxinas que volvín a ler... nunha hora!
-E quedei fascinado co excepcional vocabulario, ao que non lle prestara atención naquela primeira lectura :

.......................................
Co Amador encendiamos o lume aínda que chovese e sen mistos nin mecheiro.Chegaba un chisqueiro ou un seixo branco e unha bosta de vaca ben sequiña ou desfiañar o forro da zamarra.
Co Manolo da Dosinda iamos aos niños.
Souben coñecer os paxaros,saber porque o merlo mete o cu na silveira,porque o gavián se queda parado, porque cheira a bubela e a curuxa colle sapos....

-E descubrín novamente as terras de Chantada, polas que -tantos anos despois- camiñei feliz e colmado:

“Historias de xitanos ,de aparicións, de ruxir de pratos na tenda de Penasillás a altas horas. Da Compaña paseando polo cruceiro de Vilanova e como non se lle podía mirar de frente e menos coller a cruz....
.......
Esmoriz era a capital das Veigas.
Dez casas e cinco cantinas nas que matar as noites de inverno por detrás dos mesados da cociña entre grolos de viño e cafés de pota ...
( En Esmoriz acababa a estrada e comezaba o mundo )
..........


IV
A vaca galega 


“As vacas, constitución aparte e fóra a alma, son coma os humanos.
Aquelas vacas posuían entendemento e nomes axeitados,adaptados ao seu físico e ao seu comportamento,que había que saber entender desde cuxiñas.....

A Linda debía ser bonita, ben feita e proporcionada.
A Cachorra: forte, valente, rebeza, machota.
A Paloma: chuliña, feituca e con bastante clase.
As Garridas: vacas de moita comida e poder (anchas de peitoril e dos cadrís )
As Marelas: eran rubias e esvaídas.
As Estrelas: tiñan na fronte algo branco.
As Touras: non eran moi boas de leite e case non posuían ubre.
As Xatas: Eran moi semellantes as touras; tiñan máis de touros que de vacas.
As Tarabelas: Eran as que non tiñan paradura, sendo esta a característica que as distinguía.
As Negras: Xa o seu nome o indica.
As Rubias: que tiñan a color máis forte que as demáis da súa caste.
As Ratiñas: eran as pequerrechas, e sempre se lle poñía a algunha que non fose propia do país.
As Viaxeiras: tamén eran as que viñan de fóra.
As Moritas: eran as rubias tirando a negras
As Pintas: as pintas eran as pintas. As pintas daquelas non eran as de despois”



V
Memoria


O señor Xesús falábame de como se amaña un burro vello para vendelo por máis novo,e das sopas de Cabalo Canso...
....................
O tío Xosé collía varas de castiñeiro, frotábaas co mango de pao da súa navalla, sacáballes o pao e deixaba a casca; alí metía a palleta,o resto da vara retorneábaa segundo o instrumento que quixera facer...
................
E o meu avó, o Xastre, tentou, sobre todo, que tivese paciencia ( ao pouco de estar coas vacas xa me daba o teo e quería voltar para a casa)
........................


San Antonio gharda o ghado.
San Ramón as ovellas.
E tamén gharda as costureiras
que andan por portas alleas.

sábado, 25 de xullo de 2026

O TUTE

 Diversión arredor dun tapete


(Moitos anos despois daquelas partidas familiares, 
atopei este libro)
Prólogo


Fiquei abraiado.
Ten moito mérito Henrique Guerra Filgueira (e a Editorial Toxosoutos) para facilitarnos- nunhas minuciosas cento setenta e seis páxinas- un decálogo e cinco historias para cavilar sobre o Tute:
Fascinante xogo de mesa.

I
Preliminares

( barallar,cortar,repartir...)


II
Mecánica e lances do xogo

(asistir e subir,os trunfos,os cantes,as dez de últimas ...)

III
Recontos e anotación

(valor dos xogos,gañar a partida...)

IV
Regulamento

(normas e caprichos...)

V
A estratexia

( A saída e as primeiras xogadas, a compenetración co compañeiro...)

VI
Elementos tácticos

( o achique,o fallo...)

VII
A técnica do aperto

( aperto a trunfo, aperto dobre, o apuro...)

VIII
Os golpes

(golpe de do demo,golpe de subfallo...)

IX
As celadas

(celadas curiosas...)

X
A conduta dos xogadores

( as conversas, o renuncio...)

Epílogo
In memoriam

(canto estraño aquelas arroutadas do meu pai:
Pura felicidade... tal día coma hoxe)



O Seixo : 25.07. 2026

sábado, 13 de xuño de 2026

Saúde e felicidade, mestres !

(A educaçao não transforma o mundo,
ela muda as pessoas. 
E as pessoas mudam o mundo. 
Paulo Freire) 


I
Presentación agradecida


Moitísimas grazas as nosas autoridades académicas, pola súa presenza hoxe aquí. 
Dona Rosa Crujeiras, Reitora
Dona Mar Lorenzo, Decana 
Dona Eva López, Presidenta de AlumniUSC 
..................... 
Condiscípulas, condiscípulos, amigos todos: 
Esta promoción de Maxisterio 1973-1976 ten a fortuna de ser pioneira nun fito histórico: conmemorar as Vodas de Ouro coa primeira muller elixida como Reitora da nosa Universidade. 
Palabras maiores. 
Por iso, honrados, agradecidos e felices nesta nosa festa, van tres petiscos que celebran a esta nosa Promoción.


II
Brindis

A mis amigos de Santander que festejaron
mi nombramiento profesional.

Debiera ahora deciros: -«Amigos,
muchas gracias», y sentarme, pero sin ripios.
Permitidme que os lo diga en tono lírico,
en verso, sí, pero libre y de capricho.
Amigos:
dentro de unos días me veré rodeado de chicos,
de chicos torpes y listos,
y dóciles y ariscos,
a muchas leguas de este Santander mío,
en un pueblo antiguo,
tranquilo
y frío,
y les hablaré de versos y de hemistiquios,
y del Dante, y de Shakespeare, y de Moratín (hijo),
y de pluscuamperfectos y de participios,
y el uno bostezará y el otro me hará un guiño.
Y otro, seguramente el más listo,
me pondrá un alias definitivo.
Y así pasarán cursos monótonos y prolijos.
Pero un día tendré un discípulo,
un verdadero discípulo,
y moldearé su alma de niño
y le haré hacerse nuevo y distinto,
distinto de mí y de todos: él mismo.
Y me guardará respeto y cariño.
Y ahora os digo:
amigos,
brindemos por ese niño,
por ese predilecto discípulo,
por que mis dedos rígidos
acierten a moldear su espíritu,
y mi llama lírica prenda en su corazón virgíneo,
y por que siga su camino
intacto y limpio,
y por que este mi discípulo,
que inmortalice mi nombre y mi apellido,
... sea el hijo,
el hijo
de uno de vosotros, amigos.


III
Recordar doe

“Un día aquí, a carón da Facultade, vin unha pintada preciosa. 
Para provocar aos profesores, os estudiantes escribiran: pensar non doe. 
Canta razón teñen! Pensar non doe. Pensar é un pracer.” 
E na páxina 134 aquel Herminio adolescente, fillo de mestres, lembra as clases de Matemáticas que impartía don Carlos Crespo Alfaya

...”eu notaba como Carlos Crespo Alfaya sufría ao tratar de recordar, para min, todos os seus coñecementos científicos -sofocados polos tormentos que lle fixeran pasar no cárcere-
Eu lembro aqueles días como unha vivencia intensa de solidariedade fraterna pola miña parte(....) sentíame feliz cando él atopaba a solución a problemas complicados. 
Recordar doe; porque recordar é volver a pasar polo corazón as cousas. 
Máis: recordar é remexer no corazón.”

IV
Víctor Salvado Ares.In memoriam 

Víctor foi máis que un condiscípulo.
Eu baixaba desde o 37 da rúa Teo ata o 8 da rúa Santo Agostiño
( eses azares misteriosos dos nomes, que tanto nos reconfortan...!)
Víctor acolleume na súa casa cunha xenerosidade abraiante naqueles tempos.
Tempos de tabaco, música , confidencias.
Tempos de tabaco (estabamos deixando os celtas e os ducados afumaban a habitación).
Tempos de música (tardes eternas con Neil Young- heart of golde con Lucio Battisti- aquela alfaia de cinco minutos: Il mio canto libero -)
Tempos de confidencias (namoramentos imposibles, profesores raros e tabernas que poñían caramuxos coa cunca de ribeiro)
“Vivir para contalo” que dicía don Gabriel.
Saúde e felicidade ,mestres !



Fontes :
1) Música na casa de Víctor


Lembranzas escolares e universitarias(1940-1965).
Herminio Barreiro Rodríguez.Edicións Xerais.Vigo.2008

................................

Polo santo Antón, celebrando ás vodas de ouro de Maxisterio
1973-1976




domingo, 17 de maio de 2026

Eterna Rosalía !

  

O 17 de maio de 1863 publícase o libro Cantares Gallegos.
A súa autora é Rosalía de Castro.
Unha rapaza de 26 anos, cumpridos en febreiro.
O libro está dedicado a Fernán Caballero:

“Señora:
Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la
más profunda simpatía,dedico a usted este pequeño libro.
Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia
el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse
apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de
Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende
manchar mi país.
Santiago, 17 de mayo de 1863.
Rosalía de Castro de Murguía”

E no prólogo, en galego como todos os poemas, Rosalía escribe (páx. 4)

“....Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, paisaxes, 
devesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en
fin, que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado(...)
todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha
vez siquera i anque sea torpemente, ós que sin razón nin
conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de
alabanzas e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e
champurran torpemente nas máis ilustrísimas provincias...”

ou tamén, na páxina 5:

“...lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos
azues e serenos como os de Italia, horizontes nubrados e
meláncónicos anque sempre hermosos como os tan alabados da
Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos que
aterran e adimiran pola súa xigantesca e xorda cólera, mares
inmensos..¿Que direi máis?.Non hai pruma que poida enumerar
tanto encanto reunido...”

E remata ese prólogo fascinante (lembrade: maio do 1863)

“...¡queira o ceo que outro máis afertunado que eu poida
describir cos seus cores verdadeiros os cuadros encantados que
por aquí se atopan,inda no rincón máis escondido e olvidado, pra
que así, o menos en fama xa que non en proveito, gane e se vexa
con respeto e adimiración merecidas esta infortunada Galicia !”

........................................

Cen anos despois, tres académicos da RAG propuxeron algo revolucionario culturalmente (lembrade: estamos en 1963)

  • 1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.
.........

E o 28 de abril, por unanimidade:

  • [...] O secretario deu a coñecer unha interesantísima proposición que subscriben os numerarios señores Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo, en relación coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que se cumpre o 17 de maio vindeiro. Na súa vista, a asemblea acordou declarar "Día das Letras Galegas" o 17 de maio de cada ano, a partir do presente que esta Corporación celebrará coa máxima solemnidade, recabando, como se solicita, a colaboración das institucións culturais do país e a de todos os Centros Galegos do mundo para o maior realce de tan sinalada efemérede. [...]

.....................

E, neses azares misteriosos que tanto nos confortan, moitos anos despois, pechamos o círculo da miña Beiramar adolescente.....

Si a vernos Marica nantronte viñeras”

Eterna Rosalía!



xoves, 30 de abril de 2026

Aphrodite,s child

 

I


Eran catro rapaces gregos, vivindo en París e cantando en inglés.
Demis: voz e baixo
Loukas: percusión e voces
Koulouris: guitarra
Vangelis: teclados

II

Os mozos (ningún chegaba ós 25 anos) xa tiñan certo recoñecemento musical (individual ou en dúo) na Grécia.
Cando os coroneis deron o golpe de estado (1967) fuxiron cara a Londres, máis tiveron que ficar en París, por non ter permiso de traballo nin visado.


III

O nome do grupoOs Fillos de Afrodita naceu en París.
Desde o 1968 ao 1972 gravaron tres discos (LP) que son, hoxe, de “culto”.
  • End of the world ( lembrades a Procol Harum ? )
  • It,s five o,clock (esas baladas )
  • 666 ( aquí comezou o rock progresivo )

IV

Eses catro anos frenéticos en composicións, xiras, gravacións, vendas foron unha revolución musical...    
hoxe sabémolo
 (máis quen é consciente de estar dentro dunha revolución?)


V

Déixovos as miñas favoritas

a) Rain &tears ( lembrades a Pachelbel e o seu Canon ?)
b) It,s five o,clock ( ese teclado.... )
c) Marie Jolie ( esa harmonía ...)
e) Aegian sea (Aquí xurdíu a new age )



“son as cinco da mañá
e camiño polas rúas baleiras
matinando nos meus anos pasados”
(It,s five o,clok. Aphrodite,s child)




martes, 14 de abril de 2026

Agardando pola Terceira República

       

....seu pai Joaquín estaba xubilado.
Aínda me lembro da súa barba aguzada e branca.
Vivían na casa de Ribada....



Don Joaquín Vázquez Fernández naceu na parroquia de Vilaescura (Sober-Lugo) no ano 1867.
Ós 19 anos alistouse no Exército, na caixa de recrutas de Lugo, e foi destinado ao Rexemento de Cabalería Cazadores de Galicia número 29 situado en Compostela.
A cantineira do rexemento era Andrea Suárez Salgado.
Aquí (Compostela) casaron no 1893.
Aquí veu ao mundo (1894) a súa única filla: María Vázquez Suárez.
Cando a nena tiña un ano, o seu pai pide destino na illa de Cuba
(guerra da independencia colonial).
Don Joaquín estivo nos combates de Guanocano, Cienfuegos, Trinidad e Sierra Alta.
Obtivo o grao de tenente e polo seu valor en combate foi distinguido como cabaleiro de primeira clase da Orde do Mérito Militar.
De volta á España, pasou á reserva no Rexemento número 38 de Cabalería de Palencia.
Ós 37 anos acadou o retiro militar, sen perder escala. No 1921 foi ascendido a capitán.
Atopa traballo como xerente na Fábrica de Gas e Electricidade na Coruña e alí trasládase o matrimonio coa rapaciña María.
María Vázquez Suárez ingresa na Escola Normal de Maxisterio da Coruña no 1909.
Con 19 anos supera os exames de reválida e obtén o grao de mestra superior.
No 1917 convocáronse oposicións en Santiago para cubrir 48 escolas.
María aprobou e adxudicáronlle destino en Jérica (Castellón).
Cando foi a ocupala, a praza xa estaba cuberta.
Don Joaquín mandou unha carta de protesta os xornais, denunciando unha situación que afectaba a moitas mestras que aprobaran a praza e non tiñan destino.
Laiábase tamén da falta de prazas en Galicia.
En xaneiro do 1918, don Joaquín escribía:
“Por qué valen tan pouco os mestres? Porque os precisamos moito”
En setembro, María é destinada á escola de nenas da Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Estivo doce anos.
Nese devir ela concursaba para ir a Lugo ou Ferrol... e mesmo no 1925 (con 31 anos) oposita para ir a Madrid, sen sorte.
En 1930 acadou a praza de mestra titular da Escola 2 de Miño (A Coruña).
Seus pais Joaquín e Andrea -xubilados- instaláronse en Miño (A Coruña) ca filla mestra.
Coa chegada da Segunda República -tal día como hoxe,hai 95 anos!- María implícase, entusiasmada, nas reformas do ensino e mesmo nas melloras de vida da xente.
En xuño do 1934 don Joaquín (67 anos) fica viúvo.
Deprímese.
Máis segue adiante, fachendoso e feliz coa súa mestra favorita.
A súa filla, Maruja -unha mestra de 40 anos- exerce con entrega; dita conferencias, aplica o método Montessori, fala da escola laica e mesmo da hixiene escolar.
O 19 de xullo de 1936 don Joaquín e a súa filla Maruja están na Coruña.
El é un vello capitán do exército español, xubilado da Fábrica de Gas e Electricidade; ten 69 anos.
Ela é unha mestra comprometida.Ten 41 anos.
A comezos de agosto a mestra Maruja Vázquez Suárez foi detida por
falanxistas de Pontedeume (que viaxaron á Coruña para prendela).
Don Joaquín, seu pai, ía todos os días ao cárcere de Pontedeume, tratando de vela e tentando que a ceibasen.
Non foi posible.
O 19 de agosto de 1936, a mestra dona María Vázquez Suárez foi “paseada” na praia de Bañobre (Miño).
Nacera o 15 de agosto de 1894.
Cumprira corenta e dous anos.
Don Joaquín tivo que abandonar Miño (A Coruña).
Estivo un tempo na súa casa da Coruña.
Unha sobriña acolleuno en Vilaescura (Sober –Lugo) onde nacera.
Familiares e veciños contan que fixo un tobal en Penabión, moi preto do castro de Vilaescura (Sober-Lugo).
Alí ía moitas tardes, triste e deprimido, para doerse eternamente por non ser quen de salvar a súa filla.
O lugar chámase A Casiña do capitán.
Don Joaquín finou no ano 1950.


En Compostela, lembrando os noventa e cinco da Segunda...
Saúde e República !




luns, 2 de marzo de 2026

Nunca chegarei a Santiago

      

“Non é verdade que se viaxe para esquecer.
Viáxase máis ben para crear novas lembranzas.
Non hai ninguén que poida camiñar durante semanas
e que non percorra tantos quilómetros como recordos”




Souben de Gregorio Morán neste século XXI, por “El cura y los mandarines”.
Un libro descomunal -832 páxinas- que rachaba os - nosos (meus)-estereotipos da cultura española (1962-1996).
Escrito cun estilo directo, documentado, cunha precisión impecable facía un repaso cultural - “Historia no oficial del bosque de los letrados”- fascinante.
Foi todo un éxito, mesmo ao meu arredor.
Agasallei a xente querida e presteillo a amigos andantes.
E aquí ven o milagre.
No 2015 aparece esta alfaia:
“Nunca chegarei a Santiago publicouse por primeira e única vez no 1996 grazas a teimosía de Mario Muchnik, editor insólito e todo un
personaxe...
Para evitar malos entendidos debo engadir que Pepitas de Calabaza” animoume a reeditar “Nunca chegarei a Santiago” no outono do 2014, cando nin eles nin eu sabíamos do eco e avatares de “El cura y los mandarines”(páx 7)


Faltoume tempo para procurar, mercar e ir lendo devotamente, mentres camiñaba polo Camiño de Inverno... dez anos xa!
É un diario prodixioso, organizado en XXIII xornadas e unha coda, sempre presididas por citas de J.W. Goethe; Viaxes italianos:

“A miña ansia por chegar a Roma era tan grande e medraba tanto, que eu xa non podía estar quieto en ningún sitio”



xoves, 12 de febreiro de 2026

Democracia


Para min democracia é memoria.
O milagre de ir cumprindo anos, dame a oportunidade de intentar partillar a miña valoración demócrata, en tres fitos e un lema.

1.- Democracia é coñecemento e saúde.Benditas escola e sanidade públicas.

2.- Democracia é convivencia, cortesía, amabilidade, empatía. Non vivimos solos. Somos comunidade.

3.-Democracia é memoria. Saber de onde vimos e valorar o esforzo vital dos nosos devanceiros.  
Grazas a eles por tanto, por todo.

..................................................

E completando o primeiro enunciado ( democracia é memoria) vai o lema:

“Memoria é saber canto podemos perder”



É febreiro. Século XXI


mércores, 14 de xaneiro de 2026

Vom gehen im eis

      

“Aquilo que escribín durante a viaxe non estaba pensado para ser lido.
Agora -case catro anos despois- sinto unha estraña emoción. E o desexo
de mostrar o texto, tamén a persoas que me son descoñecidas, primou
sobre o receo de abrir tanto a porta ás miradas alleas”

Werner Herzog. Delft. Holanda, Maio 1978



....e canto llo agradecemos os seus devotos!
A min fascíname esa determinación vital.
Lembrade: cando fixo á andaina de Munic a París tiña trinta e dous anos.
Colleu unha chaqueta,un compás e un saco co imprescindible.
Camiñar desde o sábado 23 de novembro ata o sábado 14 de decembro do 1974, sen desfalecer, ten moito mérito.
E foi anotando cousas, que nos conta este libro.
Aldeas baleiras, bosques, nevaradas, a soidade do camiñante, a viaxe como peregrinación...
E sí, ese epílogo abrazando a Lotte Eisner :
“xuntos –díxenlle- cociñaremos lume e arrimaremos peixes
(....)
E como sabía que viñera andando, e por tanto indefenso, comprendeume.
Perante un intre, algo suave atravesou o meu corpo exhausto.
Abra a fiestra Lotte, xa podo voar”


(Do camiñar sobre o xeo.Werner Herzog.
Primeira edición. Setembro 2015)


mércores, 31 de decembro de 2025

Zamba de amor en vuelo



Aos poucos días do noso retorno transatlántico, Roberto -feliz anfitrión porteño- partillou esta obra de arte:

Tamara Castro (pura orixe galega !) canta -ao vivo- unha alfaia: “Zamba de amor en vuelo”.

Non me resisto a publicar o poema enteiro: poesía século XXI

Como un tizón encendido
ardiendo dentro mi sangre
tu sombra viene conmigo
y no la puedo arrancar
Te llevo por los caminos
como un abrojo prendido
prendido a mi caminar
te llevo por los caminos
como un abrojo prendido
prendido a mi guitarrear
Por esa rama del viento
veo anunciado tu pelo
y en los alambres del tiempo
jirones de soledad
Se deshilacha el recuerdo
sabiendo que estás muy lejos
y que ya no volverás
Se deshilacha el recuerdo
sabiendo que estás muy lejos
de aquella nuestra verdad
Estremecidos de cielo...
yo vi tus ojos llorar
la noche pide guitarra
la zamba busca el olvido
y yo te quiero cantar...
La noche pide guitarra
la zamba busca el camino
yo no te puedo olvidar
Como un sutíl alfarero
te fuí tallando en mis sueños
a golpe de greda y fuego
a fuerza de tanto amar
Y en el telar de un coplero
te dibujé verso a verso
para no perderte más
Y en el telar de un coplero
te dibujé verso a verso
para besarte al cantar
Aquella luna perdida
como un capullo en el cielo
se me hace que es tu pañuelo
que en una zamba se va
Y en el temblor del lucero
como siguiendo tu vuelo
mis pensamientos se van
Y en el temblor del lucero
como siguiendo tu vuelo, mi amor
mi amor te sale a buscar
Estremecidos de cielo...
yo vi tus ojos llorar
la noche pide guitarra
la zamba busca el olvido
y yo te quiero cantar...
La noche pide guitarra
la zamba busca el camino
yo no te puedo olvidar
.........................................


 Viva a Quinta Provincia !!
31 decembro 2025
 

sábado, 27 de setembro de 2025

Utrecht

     

“É difícil non namorarse de Utrecht, 
un dos centros urbanos máis antigos de Holanda.
Hoxe é unha vibrante cidade universitaria,
con un emblemático casco histórico”




...así que, nesta data única,  cóntovos un (outro) fascinante descubrimento.
Síntome afortunado!

Neses demorados paseos pola emblemática zona vella de Utrecht, aparece Santa María Minor .
E sí... hoxe é unha cervexaría belga: Olivier.
Os belgas de Olivier mercaron esta antiga igrexa católica, e conservaron algúns elementos relixiosos que forman parte da decoración -tan atractiva- do local.
Eu rachei, por segunda vez, cos meus vellos prexuizos (xa coñecedes a miña vella devoción godellus) para desfrutar dunha clásica cervexa cos versos do mítico Jacques Brel (nativo belga!).


 Polo san Cosme, tan avogoso, deste 2025


domingo, 31 de agosto de 2025

mércores, 27 de agosto de 2025

As nosas árbores senlleiras, hoxe



I
Regalía



Onte recibín, con ledicia, o Catálogo das Árbores Senlleiras de Galicia.
Cento setenta e seis árbores e cincuenta formacións arbóreas.
A miña benvida aos derradeiros que se incorporan:
176A: Loureiros dos poetas. Casa Rosalía (Padrón)
50F: Acerolos da Estación fitopatolóxica Areeiro (Pontevedra).
Lembrade.
Foi no 2007 cando todo comezou. Recoñecemento, protección e coidado dun valioso patrimonio botánico galego.

II
Pranto


Máis, meus amigos, compre chorar polas que se foron... que son moitas.
A Xunta, xa vos contei, ten un xeito protocolario, frío e aséptico de contabilizar ás baixas.
Así, pescudando en todas as súas publicacións relativas ás Senlleiras, atopo a “descatalogación” de:
 
1.- 4A: Castiñeiro de Indias (Padrón)
2.- 8A: Araucaria excelsa da Casa de Tenreiro (Pontedeume)
3.- 17A: Pacana de Illinois do Pazo de Mariñán(Bergondo)
4.- 21A : Castiñeiro do Mola (A Mezquita)
5.- 24A : Castiñeiro da Regadiña (A Pobra de Trives)
6.- 31A: Camecíparis do castelo de Soutomaior(Soutomaior)
7.- 48A: Faia do Pazo de Castrelos (Vigo)
8.- 55A: Cocoteiro de Chile do Pazo de Meirás (Sada)
9.- 60A: Magnolia grandiflora do Pazo de Santa Cruz(Vedra)
10.- 70A: Piñeiro manso dos Candeiras(Ponteareas)
11.- 74A: Carballo albar de Quindous (Cervantes)
12.- 75A: Rebolo de Quindous (Cervantes):
13.- 77A: Carballo do Pazo de Villardefrancos (Carballo)
14.- 93A: Sobreira de Valboa ( A Estrada)
15.- 103A: Teixo da Casa de Tenreiro (Pontedeume)
16.- 109A: Araucaria excelsa do Pazo de Rubiáns (Vilagarcía)
17.- 122A: Nogueira de Licín (O Saviñao)
18.- 127A: Lamigueiro branco do Balneario (Cuntis)
19.- 139A: Rododendro de Serantellos (Cambados)
20 .- 147A: Olmo híbrido do Pazo de Lourizán (Pontevedra)
................
21.- 25F: Buxeda de san Lourenzo (Santiago)
22.- 31F: Tileiras de Oseira (Cea)


III
Futuro

A maior traxedia botánica do noso tempo é deixar morrer ás árbores centenarias.
Con todos os medios que hai, hoxe en día, paréceme inaudito- e deprimente- que -en dezaoito anos - se nos fose o dez por cento do Catálogo.
Ten que haber unha educación e conciencia botánica desde a infancia... que implique a todos.
As administracións son o espello da sociedade.


É por santa Mónica, 2025



“As árvores jovens desejam crescer rápido, e para elas nao é problema
algum fazer um estirao de meio metro por estaçao. No entanto, as maes
nao gostam muito da idea: cobren as mudas com suas copas imensas e,
ajudadas por outras adultas, formam un teto denso sobre a
floresta,deixando passar apenas 3% da luz do sol,que incidirá no solo ou
nas folhas das súas filhas”.
A vida secreta das árvores.Peter Wohlleben .Ed.Sextante.Brasil.2017




mércores, 30 de xullo de 2025

Dafne (drie jaar)

 A saia da Carolina
ten un lagarto pintado,
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ao rabo


I
A roupa



“ Os traxes que chegaron ata nós, son pezas que formaron parte da indumentaria galega para as ocasións: prendas que vestían para actos públicos, como unha festa, ir á misa, ou ir á feira”

II
O liño


“Constitúe unha das principais materias primas para o tecido. Procedía do cultivo practicado en gran parte de Galicia.O liño elaborábase ata obter un fino fío, co que se realizaba o lenzo”


III
A lá


“A lá proviña,normalmente, dos pequenos rabaños de ovellas que se estendían polo país, ou da que se traía de Castela, a través dos comerciantes maragatos ou das cuadrillas de galegos que ían a sega en Castela”


IV
A seda


“ Ademais destes era habitual a seda, que procedía do Levante e de Andalucía,aínda que é posible que existira unha pequena producción en Galicia” 


V
Pano


“Vai sobre o cabelo.Dóbrase formando un triángulo, co vértice nas costas e os extremos atados baixo a queixada, por detrás ou enriba da cabeza”

VI
Camisa 


“É a prenda interior mais longa.Chega ata os xeonllos. Combina materiais de diversa calidade,deixando á vista o mellor” 

VII
Xustillo


“Lévase por riba da camisa. Axústase cun cordón cruzado, que vai normalmente pola parte dianteira”

VIII
Dengue


“Ten forma de pequena capa.Crúzase por diante e únese na parte de atrás con cintas ou peches metálicos” 


IX
Basquiña


“Con apariencia de saia.Está aberta na parte posterior, onde monta un estremo sobre o outro. A basquiña baixeira ten decoración en todo o perímetro e anula a saia” 


X
Mantelo


“Vai por riba da saia ou da basquiña. Ata detrás,con cintas ou peches”
 

Fonte caudalosa: Museo do Pobo Galego. O traxe. Unidade didáctica. 2002



mércores, 30 de abril de 2025

A viaxe definitiva


… Y yo me iré. Y se quedarán los pájaros cantando;
y se quedará mi huerto, con su verde árbol,
y con su pozo blanco.

Todas las tardes, el cielo será azul y plácido;
y tocarán, como esta tarde están tocando,
las campanas del campanario.

Se morirán aquellos que me amaron;
y el pueblo se hará nuevo cada año;
y en el rincón aquel de mi huerto florido y encalado,
mi espíritu errará nostáljico…

Y yo me iré; y estaré solo, sin hogar, sin árbol verde, sin pozo blanco,
sin cielo azul y plácido…
Y se quedarán los pájaros cantando.


...........................................
Hoxe deume por Juan Ramón Jiménez (1881-1958)
Esta alfaia foi escrita cando aínda non cumprira os trinta anos...
e que ben se conserva, cento catorce anos despois.

Abril 2025



luns, 14 de abril de 2025

Antonio Manso, o carpinteiro dos pobres

   

( 29.08.1889 / 14.01.1937 )

-“Antonio Manso Fernández naceu o 29 de agosto de 1889 en Cabría Nova ( parroquia de Ombre- concello de Pontedeume ).
Procedía dunha familia de labregos. Fillo de Nicolasa Fernández Allegue e de Juan Manuel Manso Vila, a súa era unha das casas máis ricas de Ombre.
Nela vivían, ademais de Antonio, a súa nai, a súa cuñada Maria Juana Allegue Fernández, e dous sobriños: Jose Manuel Manso Allegue e Remedios Pena Varela.
Nunha comarca onde as posibilidades de vida prácticamente limitábanse ó traballo na terra, á pesca e a emigración á América, Antonio aprendeu o oficio de carpinteiro e co tempo veu prospera-lo negocio, chegando a ter ó seu cargo varios empregados.
De carácter xeneroso, a xente coñecíao polo alcume “ o carpinteiro dos pobres”.
Ademais de pagar bos xornais, na súa casa ,cando se enfornaba, sempre había un bolo de pan para alguén necesitado.
Dispuña de certa instrución, que lle serviu para axudar nos estudos aos rapaces do lugar”
.....................

“Despois da toma da Vila (Pontedeume) polas tropas sublevadas, o 23 de xullo de 1936... Antonio Manso xa non dubidou.
Na compaña do seu primo Farruco (Francisco Fernández Varela) fuxíu para o monte, como fixeron outros moitos nesas datas.
Durante todo o tempo que Antonio e o seu primo Farruco andiveron agochados, a familia encargouse de mantelos.
Naqueles meses de angustia e medo, os dous percorreron os montes de O Pouso, As Chancelas, Santa Mariña, a Fraga do Conde...
A manutención corría a cargo da sobriña de Antonio Remedios Pena Varela e de Carmen Fernández Curbeira, a filla de Farruco”
.................

Todo o texto anterior forma parte do excepcional, rigoroso e conmovedor traballo feito por Juan Sobrino Ceballos e Manuel Domínguez Ferro :
“Antonio Manso: crónica dunha morte ignorada”
publicado en Cátedra : Revista eumesa de estudios 

Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2006). Antonio Manso: crónica dunha morte ignorada. Cátedra. Revista eumesa de estudios (Monográfico 2006: II República): 73–92.

...................
Así que, nesta data tan simbólica, Memoria e República!
Compostela 14 abril 2025



martes, 1 de abril de 2025

Memoria de don Isaac Díaz Pardo

O tempo é o mais caro. Hai que saber xestionalo”.

Díaz Pardo. 2000



I
Mitómano irredento


Pura ledicia hoxe, cando nos chegan as boas novas do día das Artes Galegas 2025, dedicado adon Isaac Díaz Pardo...

II
Veciños


Vai a fachenda de lembrar unha homenaxe veciñal –agora, xa, mítica-?



...................................................................

Veu coa súa dona Carmen  -Mimina - Arias, (lembrade : casaron en 1945).
        
Aguantaron estoicamente o barullo de oitenta persoas:  negáronse a comer cousas especiais  e acompañaron aos veciños co polbo e o churrasco do menú.

Ilusionáronse co detalle veciñal - unha vieira de prata, coa inscripción : “as asociacións de veciños de Santiago, a Isaac Díaz Pardo. Marzo -2010”

Pasaba das doce da noite - era xa o 19 de marzo - cando marcharon cara ao Castro - Sada, onde agora viven.

Longa vida a don Isaac !!


mércores, 26 de marzo de 2025

Abismo



I
Prólogo



Hoxe, trece anos despois, recupero a publicación sobre a fascinación que sentín coa proeza de James Cameron: baixar só, ao foxo máis profundo do Planeta : 11.000 metros.

II
Abisal


Que vos parece ?
Eu aínda estou abraiado pola xesta de James Cameron.

Fascíname esa determinación ( sete anos preparando a exploración submarina! ) tan esixente para realizar un soño: baixar a Once (11) quilómetros de profundidade.
O sitio máis fondo do planeta Terra.
Un foxo, nas illas Marianas, de 11.024 metros.
Deus ! Non sentides un arrepío ?
Un lee, engaiolado, datos e datos que realzan a grandeza da epopea
( século XXI ! )
.....
Oito (8) Tm/cm2, de presión (tan brutal, que o minisubmarino de Cameron encolleu sete (7) centímetros. )
Setenta minutos - Unha hora e dez minutos - tardou en volver á superficie...
.....
Ten todas as virtudes dos bos produtos americanos, onde non se escatiman cartos :
-Capacidade de traballo ( botan 84 meses, deseñando barcos e submarinos, para evitar erros )
-Guión ( orixinal. Sempre pasa algo: crean interese , atención, dependencia...)
-Calidade ( realización fascinante. Imaxes variadas desde ángulos incríbles....)   
.....
Sinceramente, recoméndovos pescudar sobre a expedición de James Cameron ao fondo do Pacífico....

paga a pena !



III
Illas Marianas


Illas Marianas: por certo, un nome español que quedou para sempre, desde 1667, na honra de Mariana de Austria, raíña rexente en España logo da morte do rei Felipe IV en 1665.


IV
James Cameron


E sí, James Cameron ( Ontario/Canadá, 1954) é, tamén, o mítico cineasta director dos clásicos: Terminator, Titanic, Avatar...
Como din na wikipedia, “artista e científico”: admirable talento renacentista!



Desde Compostela, trece anos despois, apertas abismales.

2025




sábado, 8 de febreiro de 2025

Nai

  

Moitos anos despois, miña curmá Puri achegounos un recorte marelo duns ecos de sociedade.
Lendo hoxe en día é unha reliquia, chea de artificio e mesmo con erros elementais nos apelidos.
E sen embargo, hai unha fascinante historia de amor.
Os camiños e congostras eran impracticables. Por iso Ramón, cando subía polo Cal, levaba a bicicleta ao lombo: a primeira que houbo na Rega, a segunda de Ombre, a terceira da Parroquia.
Tempos aqueles!
Coñecéranse por santa Margarida, naquel baile en Campolongo –Vilar.
Para “tunar”, tiña que haber o permiso familiar.
Nun día da semana,acordado, o mozo Ramón achegábase a casa da rapaza María Felicita.
Sempre despois do serán.
A porta da casa, en Figueirido, tiña dúas follas de madeira ( como en todas as casas da aldea : petabas e movías a caravilla. A folla superior xiraba e abríase. A folla inferior seguía pechada co pestillo )
Os mozos falaban e comentaban cadansúa xornada.
E citábanse para o vindeiro domingo.
Pasear pola Vila.
Nunca solos.

...........
E non, non percorreron a península.
María Felicita conta, tantos anos despois, que estiveron na Coruña, vendo a Torre de Hércules, e que na pensión –todo incluido - pola noite, mentres ceaban, soaba na Radio, Gloria Lasso : "Vaia canción !
parecía feita para nós"



Oito de febreiro de 2025 : noventa e seis.

mércores, 22 de xaneiro de 2025

O vello Rodway

 

Don Eduardo ten artrose.
Xa non toca ningún instrumento.
Hai moito que deixou os escenarios e foise para Cádiz (Los Caños de Meca)
Don Eduardo é un guitarrista excepcional.
E mesmo cantante.
Lembrade -anos antes de Triana !- a mítica Compasión.
Don Eduardo Rodríguez Rodway é unha lenda eterna da música española....
(De onde lle ven ese segundo apelido Rodway?)
....e ten unha loita titánica: manter limpa, e viva, a memoria de Triana.
Como non?

Polo san Vicente, xaneiro 2025