I
Eran catro rapaces gregos, vivindo en París e cantando en inglés.
Demis: voz e baixo
Loukas: percusión e voces
Koulouris: guitarra
Vangelis: teclados
II
Os mozos (ningún chegaba ós 25 anos) xa tiñan certo recoñecemento musical (individual ou en dúo) na Grécia.
Cando os coroneis deron o golpe de estado (1967) fuxiron cara a Londres, máis tiveron que ficar en París, por non ter permiso de traballo nin visado.
III
O nome do grupo “Os Fillos de Afrodita” naceu en París.
Desde o 1968 ao 1972 gravaron tres discos (LP) que son, hoxe, de “culto”.
- End of the world ( lembrades a Procol Harum ? )
- It,s five o,clock (esas baladas )
- 666 ( aquí comezou o rock progresivo )
IV
Eses catro anos frenéticos en composicións, xiras, gravacións, vendas foron unha revolución musical...
hoxe sabémolo
(máis quen é consciente de estar dentro dunha revolución?)
V
Déixovos as miñas favoritas
a) Rain &tears ( lembrades a Pachelbel e o seu Canon ?)
b) It,s five o,clock ( ese teclado.... )
c) Marie Jolie ( esa harmonía ...)
d) Spring,summer, winter and fall (esa voz ...)
e) Aegian sea (Aquí xurdíu a new age )
“son as cinco da mañá
e camiño polas rúas baleiras
matinando nos meus anos pasados”
(It,s five o,clok. Aphrodite,s child)
Ningún comentario:
Publicar un comentario