I
Prólogo
En 1967, os británicos Procul Harum acadaron un éxito mundial coa súa canción “A Whiter Shade of pale” (traducida ó castelán “con su blanca palidez”). Venderon millóns de copias: aínda hoxe, é unha composición de culto. Foi, naquela época, un tema de rock progresivo no que destaca un pegadizo solo de órgano. En realidade, a canción é un plaxio da “Aria sobre a cuarta corda” de Johann Sebastian Bach (1685-1750). O triste é que, corenta anos despois, dous membros da banda litigaron polos “royalties” da canción (o teclista demandou ó vocalista, pedindo a metade dos ingresos).
Grazas o traballo de Eric Siblin souben da (intra) historia, desa cantiga -mítica desde o seu nacemento - que agora valoro... Así que, entusiasmado co pracer dunha das máis valiosas lecturas da miña vida, déixovos as mellores virtudes do libro (non lle atopei defectos!)
II
Decálogo
I.- Sorprendente
Non é ensaio, nin novela, nin biografía, nin tratado musical, nin libro de memorias, nin de viaxes...pero ten todo iso, e máis !
II.- Ameno
Cunha redacción atractiva, mesturando a cronoloxía sabiamente, faisenos grato, entretido, agradable.
III.- Engaiolante
Desde a primeira páxina, cando nos conta a idea primixenia da obra (no 2000 - en Toronto - Canadá) ata o remate, páxina 320... o libro é unha excitante intriga - tecida en tres fíos condutores - na que sempre imos avanzando e sabendo máis.
IV.- Erudito
É unha “pasada”!. O autor coñece, sabe, viaxa, descubre, cultívase... (asómbranos!)

V.- Emocionante
O libro é unha aproximación – e unha homenaxe- a dous músicos excepcionais: Johann Sebastian Bach (1685 - 1750) e Pau Casals (1876 - 1973). E o que nos transmite, sempre, é: cercanía, admiración, cariño, respecto, emoción...
VI.- Divertido
Un humor anglosaxón , cínico , elegante, sarcástico... Moi graciosas as secuencias no retiro das Lauréntidas canadenses, acedo o relato das versións bachianas contemporáneas...
VII.- Profundo
Despois da lectura diaria, cando pechamos o libro, paramos, pensamos, reflexionamos... O autor sabe transmitirnos inquedanzas pola historia, pola música, polas persoas, pola vida...
VIII.- Orixinal
Desde a primeira páxina quedamos prendados do narrador. Adiviñamos unha persoa nova; foi critico musical de musica pop na Gazette - e non soporta a U2-! E ficamos abraiados cando se inscribe nos Coros de Bach, ou cando é quén de tocar o violonchelo, ou cando toma un café con Walter Joachim, transmitíndonos a súa emoción por falar cun grande da música, que coñeceu e tocou con Casals.
IX.- Resplandecente
É tan accesible, que nos facilita as cousas. Hai uns coñecementos teóricos da música, que enchen e completan a nosa formación. Agora sei o que é a harmonía; coñezo a definición exacta dunha melodía; identifico un arpexo dentro duns acordes... unha valiosa axuda para desfrutar mellor da máis excelsa creación humana: a música!
X.- Rigoroso
O libro remata cunha elegancia exacta, precisa, concreta , de consultas, citas, bibliografía, agradecementos...un traballo sólido, impecable, perfecto!
III
Epílogo

Case tódolos críticos recomendan escoitar a gravación de Pau Casals das Seis Suites para violonchelo, namentras leemos o libro. É lóxico: Eric Siblin organiza a obra, seguindo a estrutura das seis pezas: preludio, alemanda, courante, zarabanda, minueto, giga... e contándonos as sensacións - de cada unha delas - en cada Suite (impagable!).
Pero non vos precipitedes... recoméndovos ler o libro, escoller algunhas das gravacións que se citan, e logo escoitar demoradamente... paga a pena! No entanto, eiquí está Bach, no século XXI
Esta é a xenial alfaia :

"Las suites para violonchelo". (En busca de Pau Casals, J. S. Bach y una obra maestra). Eric Siblin. Traducción de Julio Fajardo. Turner Música. Madrid. Mayo 2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario