xoves, 16 de maio de 2024

As palabras ingrávidas

 

(Luisa Villalta. 1957-2004) 


I

As palabras ingrávidas
flutúan ás voltas da cabeza
formando unha poalla
sen existencia.
Se eu estou lá
é por darlle cabida.
A un aceno meu,
ante a miña insistencia,
o frémito do ar
levará as mais fermosas,
as necesarias
cairán ao chan
atraídas polo
significado.

SORRINDO

10 fevereiro


II



Fico abraiado coa fortuna de ter esta edición facsímile, do derradeiro poemario de Luisa Villalta.

Xa imaxinades por onde vou:
    a) Alguén prezado sorpréndete, calquera sábado de andainas, cun agasallo inesperado
    b) Catro anos despois celebramos o dia das Letras Galegas, dedicado a Luisa Villalta....

é ou non é grandioso ?

Eu -entregado - releo, valoro e comparto.
Paga a pena.


Maio 2024

 

martes, 30 de abril de 2024

Calchakis

    


(Toda a súa discografía foi publicada en Francia. Arión. Un clásico.
Impresionante ! ) 


I

Vasilla de barro


Século XX.
Sen arañeira, of course.
Un día calquera atopas na radio un fermoso himno…funerario.
E xa quedas marcado, musicalmente, para sempre.
Máxica.

II

Reservista Purajhei

Logo vas, e procuras marabillas.
Esa frauta tan doce, coa harpa de fondo.
Emociona.


III

Ramón

Ficas abraiado!
Hai unha canción co nome do teu pai…
que non cansas de escoitar.
Conmove.
IV

Alturas do Machu Pichu

Subimos e voamos....
sen axudas.
Esa cadencia!
V

Linda Cambita

Atrapado, xa procuras a historia das kenas...
Fermosura.
VI

Estudio para charango

Unha exhibición, en estado puro.
Virtuosismo.
VII

As virxes do sol

Ese "rasgueo" de guitarra no comezo.
E despois ....
Entran frautas, kenas, sikus, bombo....

VIII

Pasa o Cóndor

...lembrade o maxestoso cóndor.
Único nos Andes.
Eterna.
IX

Peregrinación

...aquí comeza á imprescindible Teoría da liberación.
Mítica.

X

Carnaval de Humahuaca

...por certo Humahuaca é a capital do val Calchaki -provincia de Jujuy-
Grandiosa.
XI

Adiante

"Así igual que el robledal,cuya grandeza necesita del agua y no la implora..."

Compromiso.

XII

Presencia lonxana

...como se mesturan eses aires lentos de guitarra coas kenas.
Impoñente

XIII

Chegaron os Reis Magos

Unha pasada!
Pegadiza.

XIV

Che Guevara

Pura elegancia.
Un clásico.
XV

Cae a noite, sopra o vento

Esa frauta, ese bombo, esa guitarra discreta...
A mellor despedida.
Sensibilidade

..........................



Moitos parabéns a José María Díaz - Fernández Formentí,
 fundador dos Calchakis.

domingo, 14 de abril de 2024

Mestre !

   


(“La ignorancia no desaparece por una luz súbita y total, sino que se atenúa con una lenta sucesión de auroras inciertas”)

Marcelino Domingo.Ministro de Instrucción Pública.
II República. Inauguración Curso 1931-1932


I

Calquera día, antes de 1936


Neses azares misteriosos - que tanto nos alimentan- procurando un  tema para publicar o 14 de abril, of course ! , atopei a don Bernardo Mato Castro ( 1887-1936)
Ollade a súa biografía: entrega, talento, xenerosidade....


II

Depuración, 1940

Foi “paseado” o catro de setembro de 1936.



III

Reinvindicación, 2022

Todo isto cóntanolo Miguel Paz Cabo e Víctor M.Santidrián Arias, no fermoso exemplar de Alvarellos editora: “Os cadernos escolares da II República”. Compostela. 2022


IV

Homenaxe, 2024

Como non falar del, neste 14 de abril do 2024.
Saúde e república don Bernardo !




xoves, 22 de febreiro de 2024

Intelixencia Artificial

   


Rodrigo Q. Quiroga


I

Prólogo


Como non quererlles aos arxentinos ?.
Son engaiolantes... e talentosos.
Ollade, sen presa, esta conversa con Rodrigo Quian Quiroga, un dos grandes neurocientíficos deste século.
( por certo, eses apelidos tan sonoros, serán galegos ?)


II

Apocalipse

Faltoume tempo para procurar na arañeira aquela mensaxe apocalíptica -maio 2023- sobre a extinción humana:

“Os expertos en Intelixencia Artificial, os medios de comunicación, os usuarios, están falando e debatendo nestes tempos, sobre os riscos -urxentes, importantes, graves- da IA avanzada.
A breve Declaración que vai a continuación pretende profundar no debate e mentalizar á poboación sobre os riscos desta ferramenta.
......................
“Evitar o risco de extinción, debido a IA, debería ser unha prioridade global.
Sen esquecer (o risco de) as pandemias ou a guerra nuclear.”


III

Ultramundo

Despois atopei esta outra nova : falar cos seres queridos -que xa non están- recuperando as súas voces, inspirándose en audios, textos e fotos.


IV

Maldade

E, xa postos, tamén pode ocorrer a extinción humana por virus.


V

Epílogo

Mentres agardo, volto á miña vella paixón cinéfila.

Coa fachenda de ter visto oito das dez películas -tan acaídas- sobre ficción científica, vou na procura desas dúas carencias:

“Bis ans ende der welt”

e de “Inception”....

... xa vos contarei

(ou non)


Compostela, febreiro 2024 
Rodrigo Quian Quiroga. Cosas que nunca creeríais.
Ed. Penguin Random House.Barcelona. 2024

xoves, 8 de febreiro de 2024

Ombre no colo


(Miña nai,miña naiciña,
como a miña nai ningunha,
que me quentaba a cariña,
co calorciño da súa.
Rosalía )


Seguindo a tradición, o primoxénito –casado na casa- foi pai.
E, como non podía ser menos, chegou un varón.
Había ledicia naquela primavera fértil.
(Ollade o vizoso emparrado, a terra arada e aireada, a impoñente cerdeira fera...)
Don Ramón, o patrucio, aceptou pór a gravata para saír na foto.
Manuela, a súa neta, camiñaba fermosa cara os seus primeiros dezasete anos.
Os tres convidados ferroláns - nótase a súa condición- posan de pé, nun discreto segundo plano: Dona Neves e Don Raimundo - que ase, protexendo, o seu fillo – ollan directos ó “paxariño”, tranquilos e indiferentes.
Leonor e Agustín, sempre xuntos e coa roupa dos domingos, fitan orgullosos.
Leonor sentada nun plano lixeiramente superior.
De seguro que foi involuntario; mais esa posición reflexa o status acadado pola miña madriña, na casa da Rega.
Leonor, miña avoa e madriña, levaba o “goberno”, consentida e autorizada polo seu sogro e polo seu home.
Xa sabedes: “gobernar” consistía en conducir o día a día da Casa;
desde a matanza do porco ou vende-lo becerro, ata celebrar as Festas, pasando polo pago, mensual, das débedas aos prestamistas da Vila.
.........
É así que, aquel día – domingo 20 de maio - Leonor organizou un xantar co gallo do Espírito Santo.
Transcorreran vinte días desde a miña chegada : a súa nora xa podía saír e facer vida normal.
.......
( Matinade: cantos homes eran capaces - naquel tempo - de coller no colo, o seu bebé recen nado ? )
Xesto de amor.
María Felicitas -miña nai - sorrí alegre, moi abrigada
(non vaia a ser que a colla o frío na súa primeira saída o exterior)
O sorriso é tímido, estable, feliz.
Hai unha súa man, escondida, que acariña o lombo do seu esposo, Moncho, como felicitándoo polo seu xesto neneiro.
A outra man esténdese laxa, inerme, indolente, a vista de todos nós.
Fixádevos.
Curiosamente, pola súa estatura, tamén está nunha postura levemente superior ós seus dous acompañantes.
(A marabillosa arte daqueles fotógrafos pioneiros no Eume)
..........
Mamá foi a seiva nova que chegou á Rega desde Figueirido, rachando a endogamia da aldea.
(“sei do que falas”)
.............
Así que, tantos anos despois, vai este agasallo analóxico no mundo dixital....

...Feliz cumpreanos, Matriarca !


venres, 26 de xaneiro de 2024

Soneto 25


Mentres coido de min e de min falo,
arde o mundo e alguén morre de guerra.
Na forxa da ambición a serpe ferra
para a fame e a peste un gran cabalo.


Ninguén ousa ferilo nin matalo,
ninguén lle couta o trote pola terra,
ninguén lle nega o penso nin lle berra,
ninguén lle pon as rédeas nin un valo.


Mais hai outro corcel que é todo lume
e ten crinas de sol voando ao vento,
ao que chaman amor,e anda buscando


persoas para arder no seu costume,
xentes para queimar no seu alento,
velo aí vén,que xa chega galopando.


(Marica Campo.Pedinche luz prestada.Espiral Maior.A Coruña.2001)
.....
Dedicado ao meu amigo picheleiro –quén nunha illa deserta so precisa
poesía- nacido, tal día como hoxe, naquela década prodixiosa do século vinte.

luns, 15 de xaneiro de 2024

EMILIO CAO

   “Fonte do Araño onde eu de rapaz,
o teu carón,
xogaba no vran.
.........
Onde vai o teu rego,onde vai ?
que eu teño sede, nono poido atopar”



Hai persoas predestinadas.
Que nacen para facer unha obra de arte única, intemporal.
Aparecen no intre oportuno, no sitio axeitado.
Momentos creativos extraordinarios, cunha inspiración excepcional.
Fálovos de Emilio Cao (Compostela, 1953 )
No 1977 publica o seu primeiro Disco –daquela chamábase L.P. – titulado Fonte do Araño .
Aínda hoxe -máis de corenta anos despois- sigo engaiolado pola arpa que me derrete, emociona e conmove na primeira peza “Fonte do Araño” ou na quinta “Mentres ela fía”.
...
Máis logo, escoitando apraciblemente as outras oito pezas, fico abraiado pola súa profunda orixinalidade.

Descubro o mítico romance de Bernaldino e Sabeliña ( vinte anos antes de Luar na Lubre !) e gozo coa mestura musical de cada peza.
Atención : non só hai hai zanfona, frauta, xilófono, gaita, cítola, percusión... senón os primeiros efectos musicais da música galega : ese vento mareiro da peza primeira.
.......
E tamén, marabillosamente, coñezo da vida bohemia de Emilio.
Andivo por Europa : músico no metro de París; xardineiro en Copenhague; lavalouzas en Ámsterdam.
Sei do que fala.


San Amariño do Porto
éche o quince de xaneiro
todos van ó san Amaro
só eu quedo no eido”
Compostela 2024