Foi o ano pasado, cando descubrín a Beroun.
Sen querer, claro, como ocorre case sempre neses azares misteriosos que, xa sabedes, enchen -de cando en vez- o noso espírito.
Era un domingo de agosto.
A nosa guía favorita preparou unha xornada en Karlstejn.
Matinade: por 70 coroas e 45 minutos nun tren cómodo, limpo e puntual, viaxamos desde Praha, para coñecer un dos grandes castelos da Europa Central: Karlstejn.
Unha marabilla ...todo !
Espazos abertos, río, natureza, puro verdor de árbores e vexetación.
(Qué pracer camiñar desde a estación ata ao pobo, por unha estrada xenerosa na súa amplitude, sen tránsito... e chegar a unha vila tranquila e acolledora –tempus est donum– )
Eu, curioso impenitente, tiraba fotos, feliz!
Ollade:
a) Un abruñeiro na rocha centenaria (no ano 1348 comezou a construción!) de Karlstejn.
b) Aló embaixo, a Vila recollida, entrañable.
Xa de volta en Karlín –nesas noites de agosto, repasando a xornada no móbil atopo a Beroun.
Foi así que a vea botánica (tireille a foto a unha hedra poderosa que dominaba unha variada sinalética) agasallou a un camiñante irredento:
A nosa vieira, símbolo mítico do Camiño de Santiago, está a 13.5 km... En Beroun.
Síntome tan afortunado!!!
Neste mes de 29 días