xoves, 22 de febreiro de 2024

Intelixencia Artificial

   


Rodrigo Q. Quiroga


I

Prólogo


Como non quererlles aos arxentinos ?.
Son engaiolantes... e talentosos.
Ollade, sen presa, esta conversa con Rodrigo Quian Quiroga, un dos grandes neurocientíficos deste século.
( por certo, eses apelidos tan sonoros, serán galegos ?)


II

Apocalipse

Faltoume tempo para procurar na arañeira aquela mensaxe apocalíptica -maio 2023- sobre a extinción humana:

“Os expertos en Intelixencia Artificial, os medios de comunicación, os usuarios, están falando e debatendo nestes tempos, sobre os riscos -urxentes, importantes, graves- da IA avanzada.
A breve Declaración que vai a continuación pretende profundar no debate e mentalizar á poboación sobre os riscos desta ferramenta.
......................
“Evitar o risco de extinción, debido a IA, debería ser unha prioridade global.
Sen esquecer (o risco de) as pandemias ou a guerra nuclear.”


III

Ultramundo

Despois atopei esta outra nova : falar cos seres queridos -que xa non están- recuperando as súas voces, inspirándose en audios, textos e fotos.


IV

Maldade

E, xa postos, tamén pode ocorrer a extinción humana por virus.


V

Epílogo

Mentres agardo, volto á miña vella paixón cinéfila.

Coa fachenda de ter visto oito das dez películas -tan acaídas- sobre ficción científica, vou na procura desas dúas carencias:

“Bis ans ende der welt”

e de “Inception”....

... xa vos contarei

(ou non)


Compostela, febreiro 2024 
Rodrigo Quian Quiroga. Cosas que nunca creeríais.
Ed. Penguin Random House.Barcelona. 2024

xoves, 8 de febreiro de 2024

Ombre no colo


(Miña nai,miña naiciña,
como a miña nai ningunha,
que me quentaba a cariña,
co calorciño da súa.
Rosalía )


Seguindo a tradición, o primoxénito –casado na casa- foi pai.
E, como non podía ser menos, chegou un varón.
Había ledicia naquela primavera fértil.
(Ollade o vizoso emparrado, a terra arada e aireada, a impoñente cerdeira fera...)
Don Ramón, o patrucio, aceptou pór a gravata para saír na foto.
Manuela, a súa neta, camiñaba fermosa cara os seus primeiros dezasete anos.
Os tres convidados ferroláns - nótase a súa condición- posan de pé, nun discreto segundo plano: Dona Neves e Don Raimundo - que ase, protexendo, o seu fillo – ollan directos ó “paxariño”, tranquilos e indiferentes.
Leonor e Agustín, sempre xuntos e coa roupa dos domingos, fitan orgullosos.
Leonor sentada nun plano lixeiramente superior.
De seguro que foi involuntario; mais esa posición reflexa o status acadado pola miña madriña, na casa da Rega.
Leonor, miña avoa e madriña, levaba o “goberno”, consentida e autorizada polo seu sogro e polo seu home.
Xa sabedes: “gobernar” consistía en conducir o día a día da Casa;
desde a matanza do porco ou vende-lo becerro, ata celebrar as Festas, pasando polo pago, mensual, das débedas aos prestamistas da Vila.
.........
É así que, aquel día – domingo 20 de maio - Leonor organizou un xantar co gallo do Espírito Santo.
Transcorreran vinte días desde a miña chegada : a súa nora xa podía saír e facer vida normal.
.......
( Matinade: cantos homes eran capaces - naquel tempo - de coller no colo, o seu bebé recen nado ? )
Xesto de amor.
María Felicitas -miña nai - sorrí alegre, moi abrigada
(non vaia a ser que a colla o frío na súa primeira saída o exterior)
O sorriso é tímido, estable, feliz.
Hai unha súa man, escondida, que acariña o lombo do seu esposo, Moncho, como felicitándoo polo seu xesto neneiro.
A outra man esténdese laxa, inerme, indolente, a vista de todos nós.
Fixádevos.
Curiosamente, pola súa estatura, tamén está nunha postura levemente superior ós seus dous acompañantes.
(A marabillosa arte daqueles fotógrafos pioneiros no Eume)
..........
Mamá foi a seiva nova que chegou á Rega desde Figueirido, rachando a endogamia da aldea.
(“sei do que falas”)
.............
Así que, tantos anos despois, vai este agasallo analóxico no mundo dixital....

...Feliz cumpreanos, Matriarca !