luns, 31 de decembro de 2018

Nove senlleiras


Onte vin, novamente,  a media-metraxe  Corpos Arbóreos”, que Andrés Victorero creou no 2010.

Oito anos despois, a historia das nove senlleiras galegas segue chea de amor, emoción, reivindicación, beleza....
........................
O Castiñeiro de Pumbariños
O Carballo de Cartelos
A Sobreira de Balboa
O Carballo de Pelete
O Carballo de Santa Margarida
O Carballo de San Antón
O Avó de Chavín
O Ameneiro da Fervenza
O Castiñeiro de Baamonde
..................

A grande fascinación é esa : como o creador ten no seu maxín o que quere facer...e culmina!
E acada unha fermosa obra, recoñecida nos diferentes certames aos que concorreu.

Agora valoro a montaxe –áxil e profunda- ; a voz de Lino Braxe - cálida e acolledora -; a música- agradable e discreta- (Autumn prelude).
E,de fondo, ese inmenso amor botánico...



En Compostela.  No san Silvestre  2018