No máis alto do campanario da ermida (logo souben
que era a Nosa Señora da Soedade) alí estaba o niño, coa súa parella de
propietarios!
Foi outro lóstrego máis, que iluminou unha viaxe iniciática ás terras de don Antonio Machado.
Aquelas lendas escoitadas, deitadas no pouso de contos, relatos ou refráns... alí estaban, presentes, reais.
Dous exemplares grandes, elegantes, fermosos,
tranquilos... acostumados ós humanos que paseabamos contentos e curiosos (teño fotos coa vella Kodak, ejem).
Emocionante!
Imaxinade, entón, cantas lembranzas xorden de súpeto, camiñando cara a Monforte e atopar ducias! de cegoñas alimentándose, tranquilamente, nunha chaira de Reigada.
Dezaoito anos despois, e coas vantaxes das “redes” dixitais... (ollade a Wikipedia sobre a fascinante vida das Cegoñas)
...qué pequenos somos!