“Non é verdade que se viaxe para esquecer.
Viáxase máis ben para crear novas lembranzas.
Non hai ninguén que poida camiñar durante semanas
e que non percorra tantos quilómetros como recordos”
Souben de Gregorio Morán neste século XXI, por “El cura y los mandarines”.
Un libro descomunal -832 páxinas- que rachaba os - nosos (meus)-estereotipos da cultura española (1962-1996).
Escrito cun estilo directo, documentado, cunha precisión impecable facía un repaso cultural - “Historia no oficial del bosque de los letrados”- fascinante.
Foi todo un éxito, mesmo ao meu arredor.
Agasallei a xente querida e presteillo a amigos andantes.
E aquí ven o milagre.
No 2015 aparece esta alfaia:
“Nunca chegarei a Santiago publicouse por primeira e única vez no 1996 grazas a teimosía de Mario Muchnik, editor insólito e todo un
personaxe...
Para evitar malos entendidos debo engadir que “Pepitas de Calabaza” animoume a reeditar “Nunca chegarei a Santiago” no outono do 2014, cando nin eles nin eu sabíamos do eco e avatares de “El cura y los mandarines”(páx 7)
Faltoume tempo para procurar, mercar e ir lendo devotamente, mentres camiñaba polo Camiño de Inverno... dez anos xa!
É un diario prodixioso, organizado en XXIII xornadas e unha coda, sempre presididas por citas de J.W. Goethe; Viaxes italianos:
“A miña ansia por chegar a Roma era tan grande e medraba tanto, que eu xa non podía estar quieto en ningún sitio”
Ningún comentario:
Publicar un comentario