Moitos anos despois, miña curmá Puri achegounos un recorte marelo duns ecos de sociedade.
Lendo hoxe en día é unha reliquia, chea de artificio e mesmo con erros elementais nos apelidos.
E sen embargo, hai unha fascinante historia de amor.
Dous mozos : él ía desde Ombre a Figueirido.
Os camiños e congostras eran impracticables. Por iso Ramón, cando subía polo Cal, levaba a bicicleta ao lombo: a primeira que houbo na Rega, a segunda de Ombre, a terceira da Parroquia.
Tempos aqueles!
Coñecéranse por santa Margarida, naquel baile en Campolongo –Vilar.
Para “tunar”, tiña que haber o permiso familiar.
Nun día da semana,acordado, o mozo Ramón achegábase a casa da rapaza María Felicita.
Sempre despois do serán.
A porta da casa, en Figueirido, tiña dúas follas de madeira ( como en todas as casas da aldea : petabas e movías a caravilla. A folla superior xiraba e abríase. A folla inferior seguía pechada co pestillo )
Os mozos falaban e comentaban cadansúa xornada.
E citábanse para o vindeiro domingo.
Pasear pola Vila.
Nunca solos.
...........
E non, non percorreron a península.
María Felicita conta, tantos anos despois, que estiveron na Coruña, vendo a Torre de Hércules, e que na pensión –todo incluido - pola noite, mentres ceaban, soaba na Radio, Gloria Lasso : "Vaia canción !
parecía feita para nós"
Oito de febreiro de 2025 : noventa e seis.
Emociona la historia. Algo comentó Ramón cuando tuvimos la dicha de recibirlo en Buenos Aires y que hermoso recuerdo para nuestra Maruja en sus 96 años. Felicitaciones. Héctor y Lidia
ResponderEliminar