“Aquilo que escribín durante a viaxe non estaba pensado para ser lido.
Agora -case catro anos despois- sinto unha estraña emoción. E o desexo
de mostrar o texto, tamén a persoas que me son descoñecidas, primou
sobre o receo de abrir tanto a porta ás miradas alleas”
Werner Herzog. Delft. Holanda, Maio 1978
....e canto llo agradecemos os seus devotos!
A min fascíname esa determinación vital.
Lembrade: cando fixo á andaina de Munic a París tiña trinta e dous anos.
Colleu unha chaqueta,un compás e un saco co imprescindible.
Camiñar desde o sábado 23 de novembro ata o sábado 14 de decembro do 1974, sen desfalecer, ten moito mérito.
E foi anotando cousas, que nos conta este libro.
Aldeas baleiras, bosques, nevaradas, a soidade do camiñante, a viaxe como peregrinación...
E sí, ese epílogo abrazando a Lotte Eisner :
“xuntos –díxenlle- cociñaremos lume e arrimaremos peixes
(....)
E como sabía que viñera andando, e por tanto indefenso, comprendeume.
Perante un intre, algo suave atravesou o meu corpo exhausto.
Abra a fiestra Lotte, xa podo voar”
(Do camiñar sobre o xeo.Werner Herzog.
Gallo Nero S.L. Madrid.
Primeira edición. Setembro 2015)
Ningún comentario:
Publicar un comentario