A saia da Carolina
ten un lagarto pintado,
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ao rabo
I
A roupa
“ Os traxes que chegaron ata nós, son pezas que formaron parte da indumentaria galega para as ocasións: prendas que vestían para actos públicos, como unha festa, ir á misa, ou ir á feira”
II
O liño
“Constitúe unha das principais materias primas para o tecido. Procedía do cultivo practicado en gran parte de Galicia.O liño elaborábase ata obter un fino fío, co que se realizaba o lenzo”
III
A lá
“A lá proviña,normalmente, dos pequenos rabaños de ovellas que se estendían polo país, ou da que se traía de Castela, a través dos comerciantes maragatos ou das cuadrillas de galegos que ían a sega en Castela”
IV
A seda
“ Ademais destes era habitual a seda, que procedía do Levante e de Andalucía,aínda que é posible que existira unha pequena producción en Galicia”
V
Pano
“Vai sobre o cabelo.Dóbrase formando un triángulo, co vértice nas costas e os extremos atados baixo a queixada, por detrás ou enriba da cabeza”
VI
Camisa
“É a prenda interior mais longa.Chega ata os xeonllos. Combina materiais de diversa calidade,deixando á vista o mellor”
VII
Xustillo
“Lévase por riba da camisa. Axústase cun cordón cruzado, que vai normalmente pola parte dianteira”
VIII
Dengue
“Ten forma de pequena capa.Crúzase por diante e únese na parte de atrás con cintas ou peches metálicos”
IX
Basquiña
“Con apariencia de saia.Está aberta na parte posterior, onde monta un estremo sobre o outro. A basquiña baixeira ten decoración en todo o perímetro e anula a saia”
X
Mantelo
“Vai por riba da saia ou da basquiña. Ata detrás,con cintas ou peches”
Fonte caudalosa: Museo do Pobo Galego. O traxe. Unidade didáctica. 2002
Ningún comentario:
Publicar un comentario