( Muller )
Grande pracer procurar, atopar e partillar, hoxe en día, aquelas mulleres na nosa música... do pasado século.
( Muller )
Grande pracer procurar, atopar e partillar, hoxe en día, aquelas mulleres na nosa música... do pasado século.
Dedicado a Simón: lector curioso, culto e sensible,
que sempre me ensina novos carreiros,
cheos de fascinación e beleza.
Autor
Viance
Viance é un mozo aragonés, de Urbiés (Huesca). Natural, espontáneo. Humilde. Cando chega ao exército -recruta forzoso- tócalle sufrir as clásicas (e para él descoñecidas )inxustizas. Ao comezo, reacciona con estoicismo.
Logo, as humillacións, a disciplina sen sentido, os sufrimentos da guerra, estragan completamente ao mozo inocente : a indiferenza e o desapego total , serán o seu mellor escudo.
Imán
Un dos grandes achados: levar esa deriva polas desgrazas, ao alcume.
En Urbiés, Viance era aprendiz de ferreiro. Cando caian as tenaces, el estaba debaixo. Cando saltaba unha faísca, dáballe a el nos fociños.
Cando había que termar da viga ( entre todos ), el era o último en chegar.
O mestre ferreiro berráballe (páx.51) : “pero, chico, estás “imantao”?
Poética
Imán é unha novela redonda. Hai unha mestura perfecta dos elementos técnicos.
Nunha extraordinaria narrativa hai varios puntos de vista, en función da acción, dos personaxes, das ideas.
Esa ambigüidade obríganos a ler, con moitísima atención, mesmo a marcar ou anotar...máis ao rematar entendemos, comprendemos e ficamos abraiados.
O ton: grave, sereno... emoción fría e contida.
O ritmo : equilibrado e pausado ( mesmo percibes esa tensión interna que percorre a narración: un crescendo ...inevitable )
A sensación: ese contraste do mundo físico ( miseria, desolación...) co mundo espiritual (esa perplexidade diante do absurdo vital )
O sensorial ( color, tacto, sons) forma parte do relato, mesmo como os tons da narrativa; colores fríos, matices do gris...
A violencia da guerra vai matizada con pinceladas de luz e cor, que por contraste acentúan o cruento: angustia, desesperanza, indiferenza da natureza....traxedia sen sentido.
.......................
A min fascíname ese talento, impresionante, nun xornalista de 21 anos, que tomou notas mentres sobrevivía en Annual, e que artellou unha novela excepcional, única e asombrosa
( se procuramos as novelas publicada en 1930....non temos nada semellante !)
Abrente
E o grandioso, o encantamento, é matinar que Imán foi a primeira obra de arte de don Ramón.
Cinéfilo irredento, procuro a súa Crónica del alba
Que ben envellece Anthony Quinn !
En Compostela, na treboada do catro de xuño de 2023.
Paga a pena!
Imán. Ramón J.Sender. Ed.Cenit.1930. Reedición
Ed.Planeta.Barcelona.2021
Gres
Hai dezanove anos non existían os “buscadores”.
Tiñamos os xornais.
Perdéronseme moitos....máis cantos recortes teño feito do que me engaiolaba!
Xa vos contei, nesta mesma bitácora, unha vella teima: fuxir da “folla parroquial”.
Ocorre que -defensas baixas : era domingo!- ela atrápame coa colaboración semanal de don Xosé Neira Vilas (nunha columna chamada “xentes e camiños”).
Faltoume tempo para disimular aquela páxina, gardala, desfrutala e compartila (lembro partillar fotocopias -por correo, of course- a ducias de parentes e amigos)
Como non !
Dezanove anos despois “Aquela Muller”, segue sendo un (outro!) dos grandes fitos literarios –para min- de don Xosé Neira Vilas.
Un texto redondo, emocionante,mesmo conmovedor até as bágoas.
Matinade :
Ese comezo en terceira persoa. Eses tempos verbais.
Esa riqueza léxica (unha marabillosa lingua, a galega).
Esa información precisa, diversa, valiosa.
Esa narración que avanza cara á primeira persoa, que relata
Esa confesión rotunda, con nome e apelidos.
Esa homenaxe a unha nai.... centenaria (1904-2004)
....................
Aquela Muller
Filla única de labregos caseiros, dignos e honrados.
Criouse na pobreza.
Soubo de zocos e remendos e xergón de carochas.
E do cesto de figos ou cereixas camiño da feira.
Tivo algo de escola, con silabario, cartilla, soletreo, e tamén lapotes, xeonllos sobre areas e outros castigos humillantes.
Traballou terra allea gradando, canizando, escadullando, sachando, sementando, segando, abrindo birtas, lavando no río, rozando mulime.
Apandou molladuras, tripou lama, pasou frío.
Con todo era unha moza leda, vital, que ía ás foliadas, repetía romances que deprendera de súa nai e cantaba nos prados e no camiño da fonte.
O seu mundo era moi pequeno. Sempre na mesma aldea, no mesmo val, no mesmo recanto onde viñera ó mundo, lugar no que ocupou sucesivamente tres humildes vivendas, tres casas labregas da mesma veciñanza.
Casou, tivo sete fillos, en tempos de guerra e de posguerra e de pouquidade. O pan de millo con centeo, moitas veces sen compango, era compartido a xeito de cativa eucarística, un por un e man a man.
Aquela muller resignouse ante o seu sino. Pero loitou.
Aturou asma e trafegos; e a situación do seu home, enfermo de por vida; e a marcha dos fillos que emigraron. E os contratempos de cada día. E a soedade.
Soñara algunha vez con deixar estrumeiras e cortellos e corredoiras lamacentas; soñara con ir para a vila, pero non puido ser.
E o soño fóiselle esvaecendo.
Condenáraa o destino a morrer onde vivira e como vivira.
Débolle moito a aquela muller.
Débolle a vida e o exemplo de conduta que me inculcou dende os meus primeiros espernexos no berce de palitroques.
E despois, ó longo do tempo.
E sempre.
Porque aquela muller- que agora cumpriría cen anos- Manuela Vilas Arteaga, era miña nai.
( Xosé Neira Vilas.El Correo Gallego. 2.05 2004 )
A bondade do 30 de abril é a festividade do primeiro de maio.
No mundo enteiro.
Así que hoxe -co Decálogo en rigorosa orde alfabética - imos de foliada toda a noite... e o luns, durmimos !
Abril
Achados
Clásicas
Debilidades
Eternas
Folclóricas
Lentas
Míticas
Rarezas
Verán
Aquel 14 de abril do 1931, foi un dos martes máis felices na vida de María e Ánxel.
Chega a Segunda República: Con alegría. Sen violencia. Con esperanza.
.......
A parella leva once anos casada.
Son dous mozos, camiño dos trinta e seis anos.
Naceran - sen saber un do outro - no mesmo ano: 1895.
Ela, en Guísamo –Bergondo.
El na Coruña. Fillo de labregos arzuanos.
Con once anos, María aprendeu o oficio de costureira.
Con catorce anos, él aprendeu francés (emigrado en Bordeaux -Francia)
Con vintecinco anos (1920) casaron.
Abren un pequeno comercio de teas (compaxinando o oficio dela -modista- e as clases particulares -de francés- del)
....
El fíxose editor. Primeiro en Lar. No 1927 en Nós
Cunha vella teima: Publicar en galego.
Foi un pioneiro, publicando as primeiras novelas de peto nos quioscos... e tamén un adiantado na divulgación de ilustracións, deseños, debuxos ( Castelao !)
E os clásicos galegos do XIX
E o xornal máis lido: A Nosa Terra.
.................
E sí, moitas veces os cartos daquela tenda da rúa Panadeiras,9 ían para axudar os gastos da imprenta Nós.
Non é admirable?
Unha parella unida, traballadora, emprendedora, naquela década prodixiosa (Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista...)
........
Ela costureira
El editor
......
E foi naquel ilusionante martes de abril, cando resolveron marchar para Compostela.
Alí podíanse atender mellor as publicacións do Seminario de Estudos Galegos.
E no agosto xa estaba instalada a imprenta Nós, naquel local da Rúa das Hortas que lles cedeu o seu amigo Camilo Díaz Baliño.
E aí estaba María - axudando ós cinco operarios da Imprenta - encadernando libros como Mar ao norde de Cunqueiro (un rapaz de Mondoñedo, novísimo) ou Retrincos de Castelao (xa era un referente mítico, o irmán Daniel).
...............
Mentres procuro as súas pegadas en Compostela matino no conmovedor exemplo de compromiso e xenerosidade galeguista desta parella: María e Ánxel....
Saúde e república, mestres !
Venres, 14 abril 2023
A maxia de JOB, ese ilustrado xeneroso, é poñer en valor ao País.
Hoxe tócalle ao Sarela.
En pouco máis de dez quilómetros ( desde Pardaces/A Peregrina, ata a súa unión co Sar, en Vidán) o Sarela é unha caixa chea de tesouros.
Vai Decálogo. Paga a pena.
Fontes... e pontes
O Sarela nace en dúas fontes:Prixelas e Lagadoiro.
E non, non é doado atopalas.
E das pontes, qué dicir? Hai tres que me fascinan: Burata (ese feminino). Tres ollos (tan fermosos). Chouchiños (a nosa lingua, única)
Flora ( árbores de ribeira.... e cogomelos )
Ameneiros (alnus glutinosa), loureiros ( laurus nobilis) e os bieiteiros (sambucus nigra) que son a miña debilidade:un clásico galego. Aproveitase todo! E sí, teño o gorentoso licor.
Gaiteiros e vacalouras
Recoméndovos, encarecidamente, a páxina 68.
So por ese intre - canto durou ?- paga a pena o libro !
IV
Fauna ( aves, anfibios, réptiles, peixes)
E fico marabillado coa estancia das garzas no Sarela: en Vidán, na Codeseira, no Carme de Abaixo... unha xoia.
(Por certo: as troitas do Sarela formaron parte do menú do día de Reis de 1900, no Centro Galego de Bos Aires. Páxina 74)
V
Diatomeas no Sarela
Sinto esa vértixe cósmica : matinar que as diatomeas apareceron no planeta Terra, hai 200 millóns de anos!
E aquí seguen. No Sarela.
Grazas a Antonio Guillén -un dos grandes expertos en fotografía microscópica- sabemos da Synedra, da Navicula, da Pinnularia...
Muiños
Cunha atractiva rigorosidade, JOB documenta cincuenta muiños no curso do Sarela.
A xoia da coroa é o Muiño de san Domingos. Palabras maiores. Propiedade dos Dominicos, era o de maior dimensión : catro moas! (mesmo os ingresos -ano 1752-eran excepcionais: 1.417 reais e 10 maravedís)
Curtidorías
Outra alfaia do Sarela.
No século XIX Santiago de Compostela foi a capital da industria do coiro en España.
Das vintesete fábricas de curtidos que houbo en Compostela, quince estiveron vinculadas co río Sarela.
Desde a páxina 101, JOB cóntanos - con rigor e amenidade- a historia dos curtidos (e os seus elementos básicos)
-Carballeira para a extracción do tanino (da casca do carballo)
-Cursos de auga para as instalacións.
-Cría de gando para a obtención da pel.
Sarela literario
Rosalía tamén lle quería ao Sarela. Ollade ese fermoso ¡Adiós ! que
encabeza esta publicación.
E na páxina 160, desfrutade da clásica Foliada de Asén.
Os novos arquitectos do Sarela
Unha (outra !) agradable sorpresa.
O autor, logo do seu intenso traballo de investigación, lévanos ao presente do Sarela, con tres prestixiosos referentes da arquitectura actual. Páxina 137
Plano ( despregable ) e Apéndices (Catastro de Ensenada 1752.Xenealoxía dos Harguindey)
O remate é excepcional. Un mapa-plano despregable, moi práctico para orientarnos no curso e contorna do Sarela. Uns apéndices moi completos (Lembrade, por exemplo, que o Catastro de Ensenada -1749/1752- foi o primeiro inventario de xentes e propiedades no reino de España)
Unha valía que lle traslado, tamén, ás administracións públicas para que estes tesouros do Sarela se rehabiliten, protexan e divulguen.
Memoria é saber canto podemos perder.
Así que compre deixar na escrita, a marabilla da música que nos forneceu, espiritualmente, tanto !
Hoxe é doado atopar todo -mesmo o noso pasado - no mundo virtual ; máis daquela, era un imposible.
Foi no Rei Brigo, en Betanzos, cando un sábado calquera - no século XX - escoitei por primeira vez:
Eran os Samars !
........................
Matinade: Había que ser moi valente, e “moderno”, para versionar, a unha descoñecida cantante italiana, con talento e calidade aquí, onde triunfaban Los Diablos, Formula V, Julio Iglesias....
..............................
Así que, nestes tempos dixitais, un grande pracer partillar unha escolma –Decálogo,of course!-- das miñas (súas) favoritas:
Into the Groove
Un tipo indipendente
Ancora,ancora
E poi
Un anno d,amore
Parole, parole
Insieme
Io,vivrò senza te
L,importante é finire
Bugiardo e incosciente
..........
Por certo: hoxe, xoves , é o cumpreanos de Mina !
Coa miña admiración –mitómano irredento, sempre -
vai o “Romance de Curro el Palmo”... en italiano!
E non.
Non lle fagades caso a ese título imposible...todo ao revés !
23 marzo 2023