Dedicado a Simón: lector curioso, culto e sensible,
que sempre me ensina novos carreiros,
cheos de fascinación e beleza.
Autor
Anos despois, publica unha novela.
Viance
Viance é un mozo aragonés, de Urbiés (Huesca). Natural, espontáneo. Humilde. Cando chega ao exército -recruta forzoso- tócalle sufrir as clásicas (e para él descoñecidas )inxustizas. Ao comezo, reacciona con estoicismo.
Logo, as humillacións, a disciplina sen sentido, os sufrimentos da guerra, estragan completamente ao mozo inocente : a indiferenza e o desapego total , serán o seu mellor escudo.
Imán
Un dos grandes achados: levar esa deriva polas desgrazas, ao alcume.
En Urbiés, Viance era aprendiz de ferreiro. Cando caian as tenaces, el estaba debaixo. Cando saltaba unha faísca, dáballe a el nos fociños.
Cando había que termar da viga ( entre todos ), el era o último en chegar.
O mestre ferreiro berráballe (páx.51) : “pero, chico, estás “imantao”?
Poética
Imán é unha novela redonda. Hai unha mestura perfecta dos elementos técnicos.
Nunha extraordinaria narrativa hai varios puntos de vista, en función da acción, dos personaxes, das ideas.
Esa ambigüidade obríganos a ler, con moitísima atención, mesmo a marcar ou anotar...máis ao rematar entendemos, comprendemos e ficamos abraiados.
O ton: grave, sereno... emoción fría e contida.
O ritmo : equilibrado e pausado ( mesmo percibes esa tensión interna que percorre a narración: un crescendo ...inevitable )
A sensación: ese contraste do mundo físico ( miseria, desolación...) co mundo espiritual (esa perplexidade diante do absurdo vital )
O sensorial ( color, tacto, sons) forma parte do relato, mesmo como os tons da narrativa; colores fríos, matices do gris...
A violencia da guerra vai matizada con pinceladas de luz e cor, que por contraste acentúan o cruento: angustia, desesperanza, indiferenza da natureza....traxedia sen sentido.
.......................
A min fascíname ese talento, impresionante, nun xornalista de 21 anos, que tomou notas mentres sobrevivía en Annual, e que artellou unha novela excepcional, única e asombrosa
( se procuramos as novelas publicada en 1930....non temos nada semellante !)
Abrente
E o grandioso, o encantamento, é matinar que Imán foi a primeira obra de arte de don Ramón.
Cinéfilo irredento, procuro a súa Crónica del alba
Que ben envellece Anthony Quinn !
En Compostela, na treboada do catro de xuño de 2023.
Paga a pena!
Imán. Ramón J.Sender. Ed.Cenit.1930. Reedición
Ed.Planeta.Barcelona.2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario