A maxia de JOB, ese ilustrado xeneroso, é poñer en valor ao País.
Hoxe tócalle ao Sarela.
En pouco máis de dez quilómetros ( desde Pardaces/A Peregrina, ata a súa unión co Sar, en Vidán) o Sarela é unha caixa chea de tesouros.
Vai Decálogo. Paga a pena.
Fontes... e pontes
O Sarela nace en dúas fontes:Prixelas e Lagadoiro.
E non, non é doado atopalas.
E das pontes, qué dicir? Hai tres que me fascinan: Burata (ese feminino). Tres ollos (tan fermosos). Chouchiños (a nosa lingua, única)
Flora ( árbores de ribeira.... e cogomelos )
Ameneiros (alnus glutinosa), loureiros ( laurus nobilis) e os bieiteiros (sambucus nigra) que son a miña debilidade:un clásico galego. Aproveitase todo! E sí, teño o gorentoso licor.
Gaiteiros e vacalouras
Recoméndovos, encarecidamente, a páxina 68.
So por ese intre - canto durou ?- paga a pena o libro !
IV
Fauna ( aves, anfibios, réptiles, peixes)
E fico marabillado coa estancia das garzas no Sarela: en Vidán, na Codeseira, no Carme de Abaixo... unha xoia.
(Por certo: as troitas do Sarela formaron parte do menú do día de Reis de 1900, no Centro Galego de Bos Aires. Páxina 74)
V
Diatomeas no Sarela
Sinto esa vértixe cósmica : matinar que as diatomeas apareceron no planeta Terra, hai 200 millóns de anos!
E aquí seguen. No Sarela.
Grazas a Antonio Guillén -un dos grandes expertos en fotografía microscópica- sabemos da Synedra, da Navicula, da Pinnularia...
Muiños
Cunha atractiva rigorosidade, JOB documenta cincuenta muiños no curso do Sarela.
A xoia da coroa é o Muiño de san Domingos. Palabras maiores. Propiedade dos Dominicos, era o de maior dimensión : catro moas! (mesmo os ingresos -ano 1752-eran excepcionais: 1.417 reais e 10 maravedís)
Curtidorías
Outra alfaia do Sarela.
No século XIX Santiago de Compostela foi a capital da industria do coiro en España.
Das vintesete fábricas de curtidos que houbo en Compostela, quince estiveron vinculadas co río Sarela.
Desde a páxina 101, JOB cóntanos - con rigor e amenidade- a historia dos curtidos (e os seus elementos básicos)
-Carballeira para a extracción do tanino (da casca do carballo)
-Cursos de auga para as instalacións.
-Cría de gando para a obtención da pel.
Sarela literario
Rosalía tamén lle quería ao Sarela. Ollade ese fermoso ¡Adiós ! que
encabeza esta publicación.
E na páxina 160, desfrutade da clásica Foliada de Asén.
Os novos arquitectos do Sarela
Unha (outra !) agradable sorpresa.
O autor, logo do seu intenso traballo de investigación, lévanos ao presente do Sarela, con tres prestixiosos referentes da arquitectura actual. Páxina 137
Plano ( despregable ) e Apéndices (Catastro de Ensenada 1752.Xenealoxía dos Harguindey)
O remate é excepcional. Un mapa-plano despregable, moi práctico para orientarnos no curso e contorna do Sarela. Uns apéndices moi completos (Lembrade, por exemplo, que o Catastro de Ensenada -1749/1752- foi o primeiro inventario de xentes e propiedades no reino de España)
Unha valía que lle traslado, tamén, ás administracións públicas para que estes tesouros do Sarela se rehabiliten, protexan e divulguen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario