luns, 15 de xaneiro de 2024
EMILIO CAO
mércores, 13 de decembro de 2023
A utilidade do inútil
Nuccio Ordine (1958-2023)
( É gozar,non posuír,o que nos fai felices.
Michel de Montaigne. Essais )
Prólogo
A utilidade do inútil.Manifesto.2015
(Cunha espléndida tradución de Carlos Acevedo)
É un libro fascinante, coas reflexións de don Nuccio –que fai unha
esculca moi acaída pola historia da filosofía e do ensaio- e rematado co texto (precursor, sen sabelo ) de Abraham Flexner.
Así que é moi doado partillar -cita a cita - este marabilloso alimento
espiritual (tan necesario nestes tempos de crise e desolación).
Introdución
E entón,cando a desertización do espírito nos deixe por fin estériles,será verdadeiramente difícil imaxinar que o ignorante Homo Sapiens poida ter aínda un papel á hora de tornar máis humana a humanidade...”
(Nuccio Ordine .Páx.26)
A útil inutilidade da literatura
“Moitas veces,o empeño que os homes lles dedican a actividades que semellan absolutamente gratuítas,sen outro fin ca o da diversión ou a satisfacción de resolver un problema difícil,resulta esencial nun ámbito que ninguén previra,con consecuencias de longo alcance.
Isto é tan certo para a poesía e a arte como para a ciencia e a tecnoloxía”
(Italo Calvino. Páx 80)
A universidade / empresa e os estudantes/clientes
“Faría falta multiplicar as escolas,as cátedras,as bibliotecas,os museos, os teatros,as librarías. Faría falta multiplicar os centros de estudo para os rapaces,os centros de lectura para os homes,todas as organizacións,todas as institucións onde se medita,onde se instrúe,onde se recolle,onde se aprende algo onde a xente se fai mellor;nunha palabra,faría falta en todas partes botar luz sobre o espírito do pobo; porque é por culpa das tebras que se perde”
( Víctor Hugo. Páx 91)
Dignitas hominis,amor, verdades
Non hai que confundir o amor co delirio da posesión,que causa os sufrimentos máis atroces. Porque contrariamente ao que se adoita pensar,o amor non fai sufrir. O que fai sufrir é o instinto da propiedade,que é o contrario do amor.”
( Saint-Exupéry. Páx. 126)
A utilidade dos coñecementos inútiles
Abraham Flexner. 1939
“Coa rápida acumulación de coñecementos inútiles ou teóricos chegouse a unha situación en que cada vez é máis fácil abordar problemas prácticos cun espírito científico.(...)
Xa mencionei a Marconi,un inventor que,sendo un benfeitor para a especie humana,en realidade non fixo máis que aproveitar as ideas doutros.
Edison pertence a mesma categoría.
Pasteur era diferente.
Era un gran científico,máis non era remiso a abordar problemas prácticos –tales como a saúde das vides francesas ou os problemas da elaboración de cervexa-“
(Abraham Flexner.Páx.157)
Fala don Nuccio
“O drama que vivimos é ese: tódolos ámbitos da nosa vida están contaminados pola idea do beneficio e do lucro.
(...)
O prezo do saber é o esforzo persoal.O coñecemento non se merca,conquístase.”
xoves, 30 de novembro de 2023
EXPEDICIÓN MALASPINA
Unha viaxe arredor do mundo: 1789 -1794
Hai douscentos vintenove anos que chegaron -de volta - a Cádiz, as corvetas “Descubierta” e “Atrevida”.
Foi o remate dunha grandiosa viaxe científica,comezada un lustro antes no mesmo porto de Cádiz.
Non se trataba de descubrir terras.
Cumpría investigar,trazar rutas terrestres e marítimas; cartografar costas, clasificar especies....
“Non procuraban riquezas ou conquistas,senón coñecemento” escribe Javier Reverte, no prólogo desta alfaia.
EXPEDICIÓN MALASPINA.
1789-1794
TurnerDocsEXPEDICIONES
Madrid.2010
O Almirante Xefe, a bordo da corveta “Descubierta” é Alexandre Malaspina.
Na corveta “Atrevida”, o seu segundo é o comandante José de Bustamante.
A singradura, anotada meticulosamente na bitácora, foi –resumida-:
Xullo 1789 .- Cádiz –Montevideo. Exploración,cartografía,recollida de mostras (botánicas,zoolóxicas, etnográficas ) no vicerreinado do Río da Prata, mesmo ata a Patagonia.
Febreiro 1790.- Montevideo -Talcahuano e Arquipélago Juan Fernández (Chile) - onde se inspirou a ficción de Robinson Crusoe contada por Daniel Defoe e publicada no 1719- .
El Callao(Perú).
Fixeron tamén observacións astronómicas e xeodésicas.
Maio 1790.- El Callao- Lima – San Blas (México....lembrades a canción de Maná? )
Exploracións, paralelo 60. Nutka, California...
Decembro 1791.- Navegando cara a Guam (Illas Marianas) Mindanao e Luzón (Illas Filipinas).
Xaneiro 1793.- Exploración das colonias inglesas New Zeland, New Holland. Exploración no Pacífico ( arquipélago Nayarit)
Febreiro 1794.- Montevideo. Exploración nas Illas Malvinas.
Xuño 1794.- Montevideo (Uruguai) – España.
Chegan a Cádiz o xoves 18 de setembro de 1794 .
Escoltados pola fragata “Gertrudis”.
Alexandre Malaspina redactou un dossier moi completo, que lle presentou ao Rei Carlos IV.
Explicaba, polo miúdo, a importancia desa expedición científico –política: desde botánica, zoolóxica, etnográfica , azougue, minas de xofre, ouro, estratexia (illas, portos...)
Salientar a valía, excepcional, desta expedición, nos tempos que non había fotos : Nove pintores que deron fe. Qué precisión e talento!
José Guío, Tomás de Suría, José del Pozo, Juan F. Ravenet, José Cardero, Fernando Brambila, Francisco Pulgar, Francisco Lindo, José Gutierrez
Hai arredor de mil debuxos e mapas : persoas, animais, plantas, vilas, portos....
Cartógrafos: ese afán de coñecemento e divulgación.Esa honestidade: lede a bitácora diaria (días,semanas,meses,anos!).
E as contas, detalladas ao céntimo.
Mesmo matinade : non eran eses, os anos convulsos da Revolución francesa?
.....
Alexandre Malaspina ( 1754-1810) naceu en Como – Italia.
Tiña 34 anos cando fixo o proxecto (1788) aprobado pola Corte.
Fascinante ese marabilloso talento, que convence a todos e arrastra a tantos.
Máis non houbo medallas, louvanzas, recoñecementos...
Un ano despois de culminar esa epopea excepcional - novembro 1795 - Alexandre Malaspina foi preso, acusado de conspiración.
No 1796 foi desterrado ao seu país.
Nunca máis volveu a España.
Finou no 1810.
Alexandre Malaspina foi preso.
Toda a documentación da expedición foi comisada.
Os orixinais quedaron gardados no Depósito Hidrográfico da Armada. Madrid
A partires de 1827, e ata 1872- 45 anos !- houbo tres particións de Documentos ( en Madrid )
1) Os relativos á Botánica : Real Xardín Botánico.
2) Os relativos á Historia Natural de América : Biblioteca de Historia Natural.
3) Outros : Museo de Ciencias Naturais.
..................
Nese 1872 -a fotografía xa era unha valiosa ferramenta científica- foi cando as autoridades –Amadeo I - autorizaron fotografar os tesouros da Expedición Malaspina.
Tantos anos despois... xa era hora.
sábado, 28 de outubro de 2023
O ladrón de cortizas
Endexamais imaxinei ter que falar de roubos, cartos, prezos... da miña madriña.
Máis, neste outono de 2023, chegan novas inauditas que me abraian, pois nunca reparei no prosaico das árbores.
Hoxe sei que unha sobreira dá a súa cortiza cada nove anos.
Que un quilo de cortiza págase a 8,75 euros.
Que unha sobreira é fértil a partir dos vintecinco anos.
O “toledano” é un habitual do Val do Arnego.
Traballa con xeito ( para el mesmo).
Un recibo para os donos que coñece de compras anteriores.
Recibo incompleto, of course.
Nos sobreirais aparentemente abandonados, entra e rouba.
Faltoume tempo para ir a Freixeiro – Ombre.
Alí estaba, a raíña da finca.
Coa súa cortiza tenra .
Aínda non cumpriu os vintecinco.
Vai co século !
E si.
Pura fermosura.
Neste outono eumés, todo o val é seu...
![]() |
| A raíña no seu trono |
Polo san Simón: camiñar si, navegar non.
Outubro 2023
domingo, 17 de setembro de 2023
Zurdo !
Devoto arxentino como eu son -xa sabedes- fiquei abraiado coas novas das primarias, onde un energúmeno tivo moitos votos insultando, aos outros candidatos, coa verba zurdo.
Así que, lembrando á miña madriña -que procurou anularme a miña zurda conxénita, non vaia a ser!- partillo o primeiro que se me ocorreu : Don Atahualpa Yupanqui, tocando a guitarra... coa zurda.
Qué fachenda!
Coma sempre, vai Decálogo... paga a pena.
II. - El cielo está dentro de mí
III. - Piedra y camino
IV. - Luna tucumana
V. - Guitarra dímelo tú
VI. - El arriero va
VII. - Los ejes de mi carreta
VIII. - Milonga del solitario
IX. - Los Hermanos
X. - El Alazán
