I
Minsk
Andaba eu nestes días pasados, ollando a fermosa historia de Victoria Azarenka -tenista bielorrusa que foi nai no 2016, e catro anos despois chega á final do US Open- cando Youtube.com, ejem, díxome… “Tal vez coñezas á Orquestra de Cámara de Minsk”, e aparecía a ligazón dun concerto, co título de Oblivion.
II
Cine
Souben da película Oblivion no 2016. Era un filme de ciencia ficción -eu gosto- máis non a citei, por sobredose de Tom Cruise, ejem... (Minority Report envellece moi ben!)
III
Piazzolla
Así que, neste 2020, fiquei abraiado. Marabilloso descubrimento. O mestre Astor Piazzolla é autor dunha peza musical imperecedoira: Oblivion!
IV
Arañeira
E sí, hai un fan -xa somos dous!- na arañeira: Play with passion que, infinitum patientia, publica un tesouro de quince versións de Oblivion...
...bandoneón, acordeón, violín, vogal, tango, óboe, frauta, harmónica, violoncello, etc. máis de sesenta minutos musicais que, de tan amenos e distintos, fánsenos curtos!
Ollade: na descrición podemos premer en cadansúa das ligazóns -mostrar máis-.
V
Cumpreanos (austral)
Non é fascinante que, tantos anos despois, eu saiba dun mítico Oblivion -musical- neste mes fronteirizo (setentrional/austral) coas estacións?
Así que, miña curmá porteña, aquí vai o meu agasallo virtual.
Feliz cumpreanos, Marité !
Setembro. 20 do 2020
Ningún comentario:
Publicar un comentario