...florearon os xacarandás de Compostela!!!
É moita a súa beleza.
Grazas as novas tecnoloxías -gozade das fotos tiradas polo meu terceiro afillado- puiden desfrutar dun serán memorable, no Camiño da Ameixaga.
Esvelteza: Ollade este exemplar: toro limpo, copa redondeada e flores cara ao ceo... Alfaia!
Na procura da luz: Tódalas árbores buscan os raios do sol. Velaí!
Gaiás ao fondo: E -na fronte- xa aparecen, tan cedo!, as casulas dos froitos futuros... Fascinante natureza!
Acios: A beleza está nesa minuciosidade do primeiro plano... Campás violetas?
Serán: O afillado captou, na hora precisa, tódolos matices cromáticos da contorna... “Sombras do ar na herba” !
Dedicado a miña familia -e amigos- da Quinta Provincia,
No día de santa Lidia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario