sábado, 31 de decembro de 2022

LONE STAR EN OMBRE

(Houbo unha Jukebox en Pénjamo)


Moitos anos despois, souben que Pénjamo era unha cidade mexicana.

Na miña infancia era á tenda (ultramarinos ?) en Fondaldea, onde había de todo: desde unha libra de chocolate, ata unha pastilla de xabón.
A Pénjamo sempre chegaban as últimas novidades:
A primeira Televisión da parroquia ( aquelas series ! : “Viaje al fondo del mar”, “Bonanza”...)
O segundo Teléfono público (O primeiro estaba en Riolongo)
O segundo Futbolín (O primeiro estaba na Rectoral da Mediña)
A primeira máquina de discos ( Jukebox)
............
Cun peso, poñías dúas cancións :
Eu tiña fixación por Lyla (ese violoncello! : “adiós mujer, para siempre adiós[... ] tus ojos negros, tu pelo al sol”).
E claro, a segunda era a cara b: Nathalie
Imaxinade aos parroquianos que estaban na taberna.
(Sí, ejem, Pénjamo era -tamén- a primeira taberna de Ombre )
..........
Así que, na lembranza xuvenil daquel século XX, vai unha escolma máxica
(Decálogo sempre, of course !) dos míticos Lone Star.
Qué ben envellecen !



“Cada madrugada, harto ya de andar,
cuando llego a casa
me pongo a soñar”
(Soñar. Lone Star)
Nadal.2022




Ningún comentario:

Publicar un comentario