Calquera acción, por pequena que sexa, non é casual
(J.L. Borges. El Aleph)
I
AZAR
Agustín naceu en Ombre: vivíu no Seixo e reside en Compostela, casado cunha irmá de Antonio.
Ana naceu en Soria, vive en Zaragoza e estudou en Barcelona.
Antonio naceu en São Paulo (Brasil), vive en Santiago e traballou en
Barcelona.
Con estes antecedentes xeográficos estaba claro que Ana e Antonio
atoparíanse en Barcelona
(unha cidade con máis de 3.000.000 de habitantes !)
Así que, decidiron casarse...
Ana naceu en Soria, vive en Zaragoza e estudou en Barcelona.
Antonio naceu en São Paulo (Brasil), vive en Santiago e traballou en
Barcelona.
Con estes antecedentes xeográficos estaba claro que Ana e Antonio
atoparíanse en Barcelona
(unha cidade con máis de 3.000.000 de habitantes !)
Así que, decidiron casarse...
II
SORIA
Como Ana ten toda a súa familia en Soria, alí chegaron unha ducia de galegos para asistir á voda e, ó tempo, descubrir e deixarse conquistar por unha cidade pequena, cálida e acolledora.
A presencia de D. Antonio Machado, sobrevoaba por tódolos sitios: o
parador, co seu nome, na “colina del Castillo” fronte ó outro parador de nome Leonor ( seu gran amor) na “colina del Mirón” facían unha postal máxica, co vello pai Duero baixando manso, coas ribeiras verdes izadas de álamos (populus alba) esveltos e solemnes...
A cerimonia foi na Igrexa de Nuestra Señora del Mirón, unha xoia do
gótico castelán, pero tamén estaban outros monumentos preciosos, como Santo Domingo, San Juan de la Rabanera, Nuestra Señora de la Soledad, El Salvaldor...
Lugares evocadores como o paseo Cuatro Vientos, a Alameda Central -adicada a D. Miguel de Cervantes- e a ermida de San Saturio, o Patrón da Cidade, feita directamente no granito milenario da montaña...
Agustín tirou fotos, fascinado polo nome dalgunhas rúas:
“Miércoles del Pregón”; “Jueves la Saca”; “Viernes de Toros”; “Sábado Agés”; “Domingo de Calderas”; “Lunes de Bailas” ...todas referidas á relación, ancestral e totémica, có touro nás festas grandes da cidade: “Las Sanjuaneras”, na semán de San Xoán -solsticio de verán-. E lembrouse de Gárgoris e Habidis, a orixe de España- en Soria, co touro- segundo escribira Sánchez Dragó.
Máis Agustín sabía, desde o principio, que a voda, Soria, o Duero, os
poetas ( Antonio Machado, Gerardo Diego...), os touros... non eran máis que unha excusa (importante, eso sí) para viaxar...a OMBRE
III
SANTA MARÍA DE HUERTA
Santa María de Huerta foi un apeadeiro do ferrocarril Madrid–Zaragoza.
Está regado polo río Jalón -camiño do Ebro- e dista 80 km. da capital de provincia, Soria.
Hoxe é un pobo silandeiro, dominado pola presencia impoñente de dous edificios: o mosteiro bieito (frades traballando as hortas e facilitando pousada ós viaxeiros) e o Colexio do Sagrado Corazón (monxas acollendo e escolarizando a nenos con escasos recursos económicos).
Alí estaba Ombre... nas pegadas deixadas por unha monxiña que naceu na Bufarda de Ombre : a sétima, de oito irmáns.
A filla de Ramón Pena e Manuela Fonte. Bautizada en Santa María de Ombre co nome de Sara.
IV
SARA
Sara morreu en xaneiro do 1988. Está enterrada no cemiterio de Placeres (Pontevedra).
Foi alí, no Colexio do Sagrado Corazón –na ría, fronte a illa de Tambo- onde Sara pasou os derradeiros anos da súa vida.
Agustín lembraba todo, camiño de Santa María de Huerta.
Os saloucos da avoa Leonor, cuñada de Sara.
“¡ Ai, se Sara poidese vir para máis cerca !
¡ Ese frío do demo vai acabar con ela !”.
As cartas : Agustín garda, como un tesouro único, aquelas misivas,
nos anos sesenta, cun remite mítico e misterioso: “Colegio del Sagrado Corazón- Santa María de Huerta- Soria”.
Agustín cóntalle ós máis novos (Carlos, Paula) cousas de Sara: a súa
bondade e tolerancia; o seu amor e cariño a todos; a súa fermosa disciplina para escribir periódicamente á familia. O seu sacrificio para asistir - xa enferma- á voda, en Compostela, no 86...
V
SOR BALBINA
Agosto de 2002. Canícula.
¿Hai vida na estepa castelán?
É máis, ¿ haberá alguén nun Colexio ás catro da tarde ?.
Pior aínda, ¿quedará xente que coñecese a Sara Pena Fonte, 14 anos
despois do seu pasamento?
!!! Claro que sí. !!!
Agustín sabe, por experiencia –nacer en Ombre marca á diferencia- que o tempo non se detén; pero ás veces, suspéndese, para permitir pequenos milagres que xustifican toda unha vida, ou unha viaxe, ou unha conversa...
Sor Balbina era a única monxa galega que estaba, aquel día , en Santa María de Huerta.
¡¡ Por suposto que coñeceu a Sara !!
“Fomos compañeiras uns anos... Ela foise para Placeres.
Eu quedei eiquí.
Cando me destinaron alí, ela xa morrera. Ocupei a súa praza...”
...
Quén mellor que sor Balbina, para percorrer o colexio do Sagrado Corazón?
Agustín tomou nota dalgúns datos facilitados por sor Balbina:
-11 monxas atenden a 300 alumnos (con poucos ou nulos recursos económicos).
-Toda a Finca, e ás terras do Colexio son atendidas –hoxe- por un labrego,
(para seu uso, e para limpar a maleza).
- Sor Balbina xa ten gañas dunhas vacacións en Galicia... o último inverno en Santa María de Huerta foi durísimo: en febreiro houbo noites de –16º( ¡¡dezaséis graos baixo cero!! ).
- En setembro pasará uns días na súa terra natal de Taboada -Chantada (Lugo)- e dende alí, tamén lle escribirá unhas cartas ós seus dous irmáns de Buenos Aires ( ¡¡todos temos parentes en Buenos Aires!! ).
Sor Balbina ensinoulle o Colexio a Agustín.
Estiveron no oratorio onde Sara rezaba .
Percorreron o xardín, tan querido por Sara.
Detivéronse na capeliña da Virxe de Lourdes, da cal Sara era moi devota...
Sor Balbina contoulle que Sara fixera alí unha vida agrícola: traballaba a terra e coidaba o gando, pois nos tempos de esplendor, o Colexio mantiña a 800 rapaces: e ata cinco ou seis labregos axudaban e vivían do Sagrado Corazón, que tiña unha horta moi completa, nunha economía de auto-consumo.
A mellor amiga de Sara foi sor Laudurica -soriana de pura cepa-.
(“Dígoche Agustín: é hoxe que, no pobo, aínda se acordan de Sara !)
Era noite pecha; Carlos, Paula, non tiñan sono: Só querían saber, coñecer cousas de Sara.
....
Aburados polas présas, voltando cara a Galicia, unha ducia de galegos soñaba con Castela.
Agustín ollaba emocionado aquel ramiño de lavanda co que Balbina Sanmartín Otero -a monxa galega-, os agasallara antes de marchar de Santa María de Huerta.
Prometíase, con determinación, que en Ombre (¿Freixeiro, quizáis?) habería sempre un símbolo soriano...
Este texto foi publicado no Libro das Festas de Ombre -maio de 2005-. Tres anos despois dunha mítica viaxe a Soria,
da que –hoxe- cúmprense 20 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario