Que fascinante é -para a miña xeración- premer un botón e que aparezan letras, músicas, vídeos de acontecementos, soños, recordos, vivencias...
Ritmo das ondas na praia
brilo de prata no mar
Raios de sol nos teus ollos
eu ollei no teu ollar
Unha gaivota danzaba
facendo circos no ar
Os teus pasiños na area
namoroume o teu
andar
Teño saudade, saudade teño de ti
Teño saudade de ti, meu ben
Teño saudade de ti
O fume dun barco vello
o ceo quería pintar
Os teus cabelos voaban
fixéronme namorar
A brisa quente da area
todo facía tremar
No xeito da túa escultura
quen me dera non pensar
Teño saudade, saudade teño de ti
Teño saudade de ti, meu ben
Teño saudade de ti
Hoxe eu te lembro, meu ben
porque
teño saudade de ti
Teño saudade, saudade teño de ti
Teño saudade de ti meu ben
Teño saudade de ti
brilo de prata no mar
Raios de sol nos teus ollos
eu ollei no teu ollar
Unha gaivota danzaba
facendo circos no ar
Os teus pasiños na area
namoroume o teu
andar
Teño saudade, saudade teño de ti
Teño saudade de ti, meu ben
Teño saudade de ti
O fume dun barco vello
o ceo quería pintar
Os teus cabelos voaban
fixéronme namorar
A brisa quente da area
todo facía tremar
No xeito da túa escultura
quen me dera non pensar
Teño saudade, saudade teño de ti
Teño saudade de ti, meu ben
Teño saudade de ti
Hoxe eu te lembro, meu ben
porque
teño saudade de ti
Teño saudade, saudade teño de ti
Teño saudade de ti meu ben
Teño saudade de ti
.......
Letra: Xavier Alcalá
Música: Andrés Dobarro
Arranxos, produción e gravación: Juan Pardo
Fonte de inspiración: ( “ a brisa quente da area...” “o fume dun barco vello” “ “unha gaivota danzaba”.......) A nosa -miña- praia.
E, sí, moitos anos despois decátome que a perfección da composición está no feito de que Andee Silver cante, coa súa doce voz, a canción que ela inspirou.
Rematando abril. 2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario