Paseando polo Campus atopei, o outro día, un fascinante exemplar botánico que merece ser inscrito no Catálogo Galego das Árbores Senlleiras.
I
Nome exótico (ou non?): Melaleuca armillaris
Orixe grecolatino -of course-: Melas –negro-; Leukos –branco- (a oposición de cores da casca: negra no toro, branca nas pólas); armillaris: anel, braceira -pola disposición dos froitos-.
II
Dendrometría
Un grosor excepcional, para unha árbore de porte pequeno (usada nas sebes polo seu verde perenne, e facilidade de poda).
III
Bioloxía
Non hai ningún outro exemplar, de semellante tamaño e beleza, na capital de Galicia.
IV
Estética
Marabillosa, e conmovedora, esa procura da luz nacente no leste....
(Valiosos, e discretos, eses dous soportes artificiais, que axudan -imprescindibles- na supervivencia).
V
Situación
No corazón do Campus da Universidade de Santiago, unha das grandes xoias botánicas galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario