luns, 14 de abril de 2025

Antonio Manso, o carpinteiro dos pobres

   

( 29.08.1889 / 14.01.1937 )

-“Antonio Manso Fernández naceu o 29 de agosto de 1889 en Cabría Nova ( parroquia de Ombre- concello de Pontedeume ).
Procedía dunha familia de labregos. Fillo de Nicolasa Fernández Allegue e de Juan Manuel Manso Vila, a súa era unha das casas máis ricas de Ombre.
Nela vivían, ademais de Antonio, a súa nai, a súa cuñada Maria Juana Allegue Fernández, e dous sobriños: Jose Manuel Manso Allegue e Remedios Pena Varela.
Nunha comarca onde as posibilidades de vida prácticamente limitábanse ó traballo na terra, á pesca e a emigración á América, Antonio aprendeu o oficio de carpinteiro e co tempo veu prospera-lo negocio, chegando a ter ó seu cargo varios empregados.
De carácter xeneroso, a xente coñecíao polo alcume “ o carpinteiro dos pobres”.
Ademais de pagar bos xornais, na súa casa ,cando se enfornaba, sempre había un bolo de pan para alguén necesitado.
Dispuña de certa instrución, que lle serviu para axudar nos estudos aos rapaces do lugar”
.....................

“Despois da toma da Vila (Pontedeume) polas tropas sublevadas, o 23 de xullo de 1936... Antonio Manso xa non dubidou.
Na compaña do seu primo Farruco (Francisco Fernández Varela) fuxíu para o monte, como fixeron outros moitos nesas datas.
Durante todo o tempo que Antonio e o seu primo Farruco andiveron agochados, a familia encargouse de mantelos.
Naqueles meses de angustia e medo, os dous percorreron os montes de O Pouso, As Chancelas, Santa Mariña, a Fraga do Conde...
A manutención corría a cargo da sobriña de Antonio Remedios Pena Varela e de Carmen Fernández Curbeira, a filla de Farruco”
.................

Todo o texto anterior forma parte do excepcional, rigoroso e conmovedor traballo feito por Juan Sobrino Ceballos e Manuel Domínguez Ferro :
“Antonio Manso: crónica dunha morte ignorada”
publicado en Cátedra : Revista eumesa de estudios 

Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2006). Antonio Manso: crónica dunha morte ignorada. Cátedra. Revista eumesa de estudios (Monográfico 2006: II República): 73–92.

...................
Así que, nesta data tan simbólica, Memoria e República!
Compostela 14 abril 2025



martes, 1 de abril de 2025

Memoria de don Isaac Díaz Pardo

O tempo é o mais caro. Hai que saber xestionalo”.

Díaz Pardo. 2000



I
Mitómano irredento


Pura ledicia hoxe, cando nos chegan as boas novas do día das Artes Galegas 2025, dedicado adon Isaac Díaz Pardo...

II
Veciños


Vai a fachenda de lembrar unha homenaxe veciñal –agora, xa, mítica-?



...................................................................

Veu coa súa dona Carmen  -Mimina - Arias, (lembrade : casaron en 1945).
        
Aguantaron estoicamente o barullo de oitenta persoas:  negáronse a comer cousas especiais  e acompañaron aos veciños co polbo e o churrasco do menú.

Ilusionáronse co detalle veciñal - unha vieira de prata, coa inscripción : “as asociacións de veciños de Santiago, a Isaac Díaz Pardo. Marzo -2010”

Pasaba das doce da noite - era xa o 19 de marzo - cando marcharon cara ao Castro - Sada, onde agora viven.

Longa vida a don Isaac !!


mércores, 26 de marzo de 2025

Abismo



I
Prólogo



Hoxe, trece anos despois, recupero a publicación sobre a fascinación que sentín coa proeza de James Cameron: baixar só, ao foxo máis profundo do Planeta : 11.000 metros.

II
Abisal


Que vos parece ?
Eu aínda estou abraiado pola xesta de James Cameron.

Fascíname esa determinación ( sete anos preparando a exploración submarina! ) tan esixente para realizar un soño: baixar a Once (11) quilómetros de profundidade.
O sitio máis fondo do planeta Terra.
Un foxo, nas illas Marianas, de 11.024 metros.
Deus ! Non sentides un arrepío ?
Un lee, engaiolado, datos e datos que realzan a grandeza da epopea
( século XXI ! )
.....
Oito (8) Tm/cm2, de presión (tan brutal, que o minisubmarino de Cameron encolleu sete (7) centímetros. )
Setenta minutos - Unha hora e dez minutos - tardou en volver á superficie...
.....
Ten todas as virtudes dos bos produtos americanos, onde non se escatiman cartos :
-Capacidade de traballo ( botan 84 meses, deseñando barcos e submarinos, para evitar erros )
-Guión ( orixinal. Sempre pasa algo: crean interese , atención, dependencia...)
-Calidade ( realización fascinante. Imaxes variadas desde ángulos incríbles....)   
.....
Sinceramente, recoméndovos pescudar sobre a expedición de James Cameron ao fondo do Pacífico....

paga a pena !



III
Illas Marianas


Illas Marianas: por certo, un nome español que quedou para sempre, desde 1667, na honra de Mariana de Austria, raíña rexente en España logo da morte do rei Felipe IV en 1665.


IV
James Cameron


E sí, James Cameron ( Ontario/Canadá, 1954) é, tamén, o mítico cineasta director dos clásicos: Terminator, Titanic, Avatar...
Como din na wikipedia, “artista e científico”: admirable talento renacentista!



Desde Compostela, trece anos despois, apertas abismales.

2025




sábado, 8 de febreiro de 2025

Nai

  

Moitos anos despois, miña curmá Puri achegounos un recorte marelo duns ecos de sociedade.
Lendo hoxe en día é unha reliquia, chea de artificio e mesmo con erros elementais nos apelidos.
E sen embargo, hai unha fascinante historia de amor.
Os camiños e congostras eran impracticables. Por iso Ramón, cando subía polo Cal, levaba a bicicleta ao lombo: a primeira que houbo na Rega, a segunda de Ombre, a terceira da Parroquia.
Tempos aqueles!
Coñecéranse por santa Margarida, naquel baile en Campolongo –Vilar.
Para “tunar”, tiña que haber o permiso familiar.
Nun día da semana,acordado, o mozo Ramón achegábase a casa da rapaza María Felicita.
Sempre despois do serán.
A porta da casa, en Figueirido, tiña dúas follas de madeira ( como en todas as casas da aldea : petabas e movías a caravilla. A folla superior xiraba e abríase. A folla inferior seguía pechada co pestillo )
Os mozos falaban e comentaban cadansúa xornada.
E citábanse para o vindeiro domingo.
Pasear pola Vila.
Nunca solos.

...........
E non, non percorreron a península.
María Felicita conta, tantos anos despois, que estiveron na Coruña, vendo a Torre de Hércules, e que na pensión –todo incluido - pola noite, mentres ceaban, soaba na Radio, Gloria Lasso : "Vaia canción !
parecía feita para nós"



Oito de febreiro de 2025 : noventa e seis.

mércores, 22 de xaneiro de 2025

O vello Rodway

 

Don Eduardo ten artrose.
Xa non toca ningún instrumento.
Hai moito que deixou os escenarios e foise para Cádiz (Los Caños de Meca)
Don Eduardo é un guitarrista excepcional.
E mesmo cantante.
Lembrade -anos antes de Triana !- a mítica Compasión.
Don Eduardo Rodríguez Rodway é unha lenda eterna da música española....
(De onde lle ven ese segundo apelido Rodway?)
....e ten unha loita titánica: manter limpa, e viva, a memoria de Triana.
Como non?

Polo san Vicente, xaneiro 2025