Hoxe vou camiñar cara a Compostela, polo Camiño de Inverno.
Cando recibín o convite dos Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela anoteime ipso facto!
Coa súa autorización, of course, vai o decálogo de razóns que me engaiolaron para camiñar desde Ponferrada ata Compostela.
( Gostei moito da número V. Galicia. Non sabía dese cumio.... ten que ser unha marabilla ! )
As dez razóns para camiñar a Compostela, polo Camiño de Inverno:
I.- Os Ríos. Omnipresentes. O Camiño de Inverno a Compostela é o único que vai acompañado polos tres grandes ríos galaicos: O maxestoso Sil, o vello pai Miño, o impoñente Ulla.... cuns secundarios de luxo: Lor, Cabe,Toxa, Deza...
II.- A Paisaxe. Única. Nunha beleza chea de contrastes. Desde as louseiras de Valdeorras, ata os socalcos da Ribeira Sacra, pasando por soutos, nogueirais, cortiñas, erbedeiros... asombrosos. E, no Saviñao, o Cabo do mundo!
III.- Os Romanos. Non só As Médulas –valioso patrimonio da humanidade -. Tamén Montefurado –incrible traballo de enxeñería na procura do ouro –. Ou a Calzada pola que baixamos,nunha fraga acolledora, ata Belesar.
IV.- A riqueza etnográfica. Por exemplo : no Camiño de Inverno hai unha abondosa presenza dos Petos de ánimas. Tesouros de pedra en camiños, adros e prazas, que nos sorprenden, asombran, conmoven.
V.- Galicia. Toda a terra é nosa. Nunha ollada. No Camiño de Inverno está o único cumio desde o cal ollamos as catro provincias. Mesmo co ceo anubrado. Éxtase!
VI.- Vilas (A Galicia interior ). É outro mundo. Tan acolledor. Próximo. Xeneroso. Grande pracer chegar a Quiroga, Monforte, Chantada, Rodeiro...
e mesmo, impagable. Entrar na Pobra de Brollón, cruzando o Rubín –que non ten ponte-!
VII.- Románico. Exuberante. Desde os mosteiros escondidos na maleza dos outeiros, ata ás máis humildes igrexas... San Lourenzo de Fión, San Paio de Diomondi...
VIII.- Xentes. De Ponferrada a Compostela, en cada etapa sempre haberá unha persoa, unha conversa, unha historia: A aceiteira de Bendilló, a taberneira de Penasillás, o piñeiro da Pobra- esa revolta dos Guímaros -!
IX.- Esforzo. Non hai. Convertemos ás nove etapas oficiais, en trece levadeiras andainas. Só teremos que madrugar nas dúas primeiras etapas. Saímos ás 8 de Compostela. Levamos comida, por se acaso. ( Axuntamos calendario -últimos sábados de cada mes -)
X.- Síndrome de Stendhal. Abraiados pola sorpresa da descuberta e o pracer do vivido... Iso será o que nos pase, de volta en Compostela, rematado o Camiño de Inverno.
Paga a pena !

Xa vos contarei,
Setembro 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario