luns, 14 de abril de 2025

Antonio Manso, o carpinteiro dos pobres

   

( 29.08.1889 / 14.01.1937 )

-“Antonio Manso Fernández naceu o 29 de agosto de 1889 en Cabría Nova ( parroquia de Ombre- concello de Pontedeume ).
Procedía dunha familia de labregos. Fillo de Nicolasa Fernández Allegue e de Juan Manuel Manso Vila, a súa era unha das casas máis ricas de Ombre.
Nela vivían, ademais de Antonio, a súa nai, a súa cuñada Maria Juana Allegue Fernández, e dous sobriños: Jose Manuel Manso Allegue e Remedios Pena Varela.
Nunha comarca onde as posibilidades de vida prácticamente limitábanse ó traballo na terra, á pesca e a emigración á América, Antonio aprendeu o oficio de carpinteiro e co tempo veu prospera-lo negocio, chegando a ter ó seu cargo varios empregados.
De carácter xeneroso, a xente coñecíao polo alcume “ o carpinteiro dos pobres”.
Ademais de pagar bos xornais, na súa casa ,cando se enfornaba, sempre había un bolo de pan para alguén necesitado.
Dispuña de certa instrución, que lle serviu para axudar nos estudos aos rapaces do lugar”
.....................

“Despois da toma da Vila (Pontedeume) polas tropas sublevadas, o 23 de xullo de 1936... Antonio Manso xa non dubidou.
Na compaña do seu primo Farruco (Francisco Fernández Varela) fuxíu para o monte, como fixeron outros moitos nesas datas.
Durante todo o tempo que Antonio e o seu primo Farruco andiveron agochados, a familia encargouse de mantelos.
Naqueles meses de angustia e medo, os dous percorreron os montes de O Pouso, As Chancelas, Santa Mariña, a Fraga do Conde...
A manutención corría a cargo da sobriña de Antonio Remedios Pena Varela e de Carmen Fernández Curbeira, a filla de Farruco”
.................

Todo o texto anterior forma parte do excepcional, rigoroso e conmovedor traballo feito por Juan Sobrino Ceballos e Manuel Domínguez Ferro :
“Antonio Manso: crónica dunha morte ignorada”
publicado en Cátedra : Revista eumesa de estudios 

Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2006). Antonio Manso: crónica dunha morte ignorada. Cátedra. Revista eumesa de estudios (Monográfico 2006: II República): 73–92.

...................
Así que, nesta data tan simbólica, Memoria e República!
Compostela 14 abril 2025



martes, 1 de abril de 2025

Memoria de don Isaac Díaz Pardo

O tempo é o mais caro. Hai que saber xestionalo”.

Díaz Pardo. 2000



I
Mitómano irredento


Pura ledicia hoxe, cando nos chegan as boas novas do día das Artes Galegas 2025, dedicado adon Isaac Díaz Pardo...

II
Veciños


Vai a fachenda de lembrar unha homenaxe veciñal –agora, xa, mítica-?



...................................................................

Veu coa súa dona Carmen  -Mimina - Arias, (lembrade : casaron en 1945).
        
Aguantaron estoicamente o barullo de oitenta persoas:  negáronse a comer cousas especiais  e acompañaron aos veciños co polbo e o churrasco do menú.

Ilusionáronse co detalle veciñal - unha vieira de prata, coa inscripción : “as asociacións de veciños de Santiago, a Isaac Díaz Pardo. Marzo -2010”

Pasaba das doce da noite - era xa o 19 de marzo - cando marcharon cara ao Castro - Sada, onde agora viven.

Longa vida a don Isaac !!