Coa Tipuana (Tipuana tipu –Benth. , Kuntze - ) pásame unha cousa moi curiosa.
Sempre a vexo espida.
        Vaia
, tampouco debo esaxerar !
En realidade só a vin dúas veces.
        A
primeira, foi no seu país de orixe : Arxentina.
Era agosto e, naturalmente, inverno austral.
        Aínda
que non lle prestei moita atención – os afeccionados, cando empezamos, só
ollamos o verde perdurable-, si lembro que preguntei por aqueles centos de
exemplares que, espidos, inzaban as grandes avenidas de evocadores nomes:
“Ribadavia “, “Maio”,  “9 de xullo”...
- A  Tipa ? ...tes que vela floreada !. Non se coñece a cidade, inundada de flores
amarelas !  -dixérame xente querida.
       Como
tantas lembranzas máxicas, o marelo imaxinario da Tipuana quedou durmindo no limbo, mentres eu
trataba de contarvos porque a chorima debe ser a  nosa flor nacional,
ou de achegarvos o valor das  nosas senlleiras.
....
     Aló polo
xaneiro, decátome de que na nosa cidade hai un exemplar de Tipuana.
Faltoume tempo para ir a recoñecelo !
      Chovía,
estaba o ceo cuberto, ía frío...e non tardei nada en chegar o Parque.
Está  perto de onde vivo. En
realidade, é moi céntrico.
      E
atopeina.
Permanecía  espida, como se non
pasaran os anos ,  desde a primeira vez  no pasado século.
    Lóxico.
       Era
o inverno  setentrional.
 ( O noso )
.....
     E alí estaban.
Si. Plural. Porque hai dous exemplares novos de Tipuana.
Non era necesario, para a súa supervivencia,
poñer dúas árbores.
     A Tipuana é unha poderosa
hermafrodita  - lembrade : na mesma flor, ten o androceo e o xineceo
- que soporta calquera inclemencia,  aguanta tódalas eivas...tódolos
anos.
      Sen
desfalecer : ollo con ela !.
 Nesa resistencia é  superior
as súas irmáns  – pertence a familia das Leguminosae-  : ( mimosas, sóforas, acacias...)
      Chovía,
estaba o ceo cuberto, o regato ía moi cheo - camiño do seu pai milenario-.
Era un día  cincento : perfecto
para combinar coa color da Tipuana
     Núa.
Coa cortiza gris –parda, case escura.
Coa copa  apuntando xa, unhas
formas redondeadas.
         Adaptándose  e
disimulando coas compañeiras, de folla caduca, que alí están : moreira,
bidueiro, sófora.
( Ninguén diría - pola súa integración - que
na orixe, apareceu alá por Catamarca/ Arxentina-).
...
        E aquí me
tedes: agardando, ansioso , a chegada de abril, ou maio...
Antes de rematar xuño as dúas  Tipuanas  de Santiago, estarán cheas de flores  dun amarelo intenso, que
voarán, inundarán o céspede verde, flotarán no regato, e ata poida que cheguen
a rúa  que , non moi lonxe do parque, foi  dedicada a
don  Isaac Díaz Pardo.
        Así
que , nesa espera para vela  - por fin ! - vestida de follas e
flores, sigo alimentándome coas fotos - fermosas-, que, en valiosos libros
botánicos, outra xente amiga das árbores, ten a xentileza de publicar.
         En
Compostela, camiño do entroido, no 2019
Bibliografía :
    1.- Guía
Verde de Santiago de Compostela, coordenada por María Isabel Fraga .
Concellaría de Medio Ambiente, Parques e Xardíns. Editorial Alvarellos.
Santiago de Compostela. 2010
 2.-  El nuevo libro del
árbol. (tomo I ).  Edición de Francisco Erize. Celulosa Argentina
S.A. Editorial  El Ateneo. Buenos Aires. 2000
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario