....É a Alameda de Santiago, naturalmente!
Neste xardín pacego, aprendín os rudimentos da botánica. Sempre conto a mesma historia, cando me preguntan desta miña afección polas árbores. Cando descubría unha nova especie nos libros, nas falas da xente, corría a comprobala na Alameda: era o que me quedaba máis a man. Ía preocupado, pensando que pasaría se non estaba no sitio indicado. Camiñaba coa ilusión do primeiro achádego; da primixenia revelación... ¡Non sabedes qué gozo supón ollar o soñado!
E o noso Parque, nunca me fallaba; sempre estaba alí, ensinándome e mostrándome a beleza primaria das miñas árbores... Eu chegaba, sen alento, tratando de atopar os ginkgos - eses fósiles viventes, cada vez máis valiosos para a humanidade - e alí estaba, ò pé da fonte de mármore branca, unha parella noviña, coas súas follas en forma de abano, cos dous lóbulos (biloba), naquel verán cheo de maxia e feitizo...
Hoxe, na hora de compartir e de tratar de animarvos a desfrutar da enorme riqueza do xardín máis clásico de Galicia, acudo aos dous recursos que - como simple humano, curioso polo que me rodea - foron os que me descubriron o inmenso tesouro botánico que temos en Compostela.
I.- O pracer do exótico: “Luma apiculata” (Arraián de Chile)
Saber que, de terras lonxanas, hai só un único exemplar; unha peza fermosa, endémica dos Andes chileno/arxentinos - ¡nada menos! - onde forma pequenos bosques. Tedes que velo.
Rube vizoso cara ó ceo - entre dous carballos- na zona en que Galicia honra a País Lapido, o pai da Exposición Rexional de 1909. Buscádeo. Paga a pena. Pórtase coma un arbusto, pero medra como unha árbore. Destaca polo seu toro, dunha cor pardo- canela, preciosa! E as súas folliñas verdes, en forma de pico (“apiculata”), perennes... Qué fermosura!. Olládeo! E logo, se queredes, procurade:
a) Por qué os botánicos europeos lle puxeron Eugenia?
b) Por qué lle chaman Luma, en América?
c) Seus curmán o cravo...
d) Ten unha irmá, fermosa, polo Val de Deus (Costa Vella)
Se así o facedes, xorden historias entrelazadas,fantásticas; a casa de Saboya; os mapuches; o cravo (a ruta das especias... Marco Polo) Hai tantos fíos dos que tirar...!
II.- A grandeza do noso: “Quercus pyrenaica” (cerquiño, carballo negral, veriño, caxigo, rebolo...)
Teño localizado un cerquiño na Alameda. Está no paseo dos leóns. É engaiolante! Se entrades comigo, contade ata oito árbores nos parterres da dereita (eses que ollan cara a cidade vella). A árbore que inaugura o cuarto arriate, é un carballo negral. Cerquiño é o nome máis habitual en Galicia, dunha variedade de carballo, endémica de Europa. Foi bautizado como “Quercus pyrenaica” pola súa abundancia no sueste de Francia. É abundante en todo o norte de España; máis –curiosamente- non se da nos Pirineos, que lle prestan o seu nome.
O rebolo é unha xoia: segundo nos contan no libro “A Alameda, xardín pacego” (Concello de Santiago - Medio Ambiente, Parques e Xardíns, 1986) os profesores Izco, Ortíz e Oubiña, ten unha virtude ecolóxica de incalculable valor: abrolla facilmente, facendo un veludo marabilloso que repara as feridas sobre a cuberta vexetal, evita a erosión do chan e regula o réxime hídrico local...
Como recoñecelo? É doado. Cando vexades toda a carballeira de Santa Susana florecida e agromando as follas, o noso cerquiño ven máis atrasado: está espido. E neste mes, se vindes ás Festas, ollade as follas de ámbolos dous; o noso rebolo tenas cheas de peliños que o protexen das altas temperaturas do verán, e que lle dan unha cor cincenta.
Son máis rechamantes; teñen os lóbulos moi pronunciados (nada que ver coas do carballo: unhas curvas apenas insinuadas). Faleivos da benevolencia do idioma para marcar o único exemplar de veriño. Ide e ollade: É o carballo de toro máis groso. Da cortiza máis negra. Das polas máis esveltas...
E, nembargantes, tórcese, humilde, cara a súa esquerda, para que don Ramón María del Valle Inclán - felizmente sentado cara ao leste - goce, eternamente, da vista senlleira da nosa Catedral.
E o noso Parque, nunca me fallaba; sempre estaba alí, ensinándome e mostrándome a beleza primaria das miñas árbores... Eu chegaba, sen alento, tratando de atopar os ginkgos - eses fósiles viventes, cada vez máis valiosos para a humanidade - e alí estaba, ò pé da fonte de mármore branca, unha parella noviña, coas súas follas en forma de abano, cos dous lóbulos (biloba), naquel verán cheo de maxia e feitizo...
Hoxe, na hora de compartir e de tratar de animarvos a desfrutar da enorme riqueza do xardín máis clásico de Galicia, acudo aos dous recursos que - como simple humano, curioso polo que me rodea - foron os que me descubriron o inmenso tesouro botánico que temos en Compostela.
Luma apiculata |
Saber que, de terras lonxanas, hai só un único exemplar; unha peza fermosa, endémica dos Andes chileno/arxentinos - ¡nada menos! - onde forma pequenos bosques. Tedes que velo.
Rube vizoso cara ó ceo - entre dous carballos- na zona en que Galicia honra a País Lapido, o pai da Exposición Rexional de 1909. Buscádeo. Paga a pena. Pórtase coma un arbusto, pero medra como unha árbore. Destaca polo seu toro, dunha cor pardo- canela, preciosa! E as súas folliñas verdes, en forma de pico (“apiculata”), perennes... Qué fermosura!. Olládeo! E logo, se queredes, procurade:
a) Por qué os botánicos europeos lle puxeron Eugenia?
b) Por qué lle chaman Luma, en América?
c) Seus curmán o cravo...
d) Ten unha irmá, fermosa, polo Val de Deus (Costa Vella)
Se así o facedes, xorden historias entrelazadas,fantásticas; a casa de Saboya; os mapuches; o cravo (a ruta das especias... Marco Polo) Hai tantos fíos dos que tirar...!
Quercus pyrenaica |
Teño localizado un cerquiño na Alameda. Está no paseo dos leóns. É engaiolante! Se entrades comigo, contade ata oito árbores nos parterres da dereita (eses que ollan cara a cidade vella). A árbore que inaugura o cuarto arriate, é un carballo negral. Cerquiño é o nome máis habitual en Galicia, dunha variedade de carballo, endémica de Europa. Foi bautizado como “Quercus pyrenaica” pola súa abundancia no sueste de Francia. É abundante en todo o norte de España; máis –curiosamente- non se da nos Pirineos, que lle prestan o seu nome.
O rebolo é unha xoia: segundo nos contan no libro “A Alameda, xardín pacego” (Concello de Santiago - Medio Ambiente, Parques e Xardíns, 1986) os profesores Izco, Ortíz e Oubiña, ten unha virtude ecolóxica de incalculable valor: abrolla facilmente, facendo un veludo marabilloso que repara as feridas sobre a cuberta vexetal, evita a erosión do chan e regula o réxime hídrico local...
Como recoñecelo? É doado. Cando vexades toda a carballeira de Santa Susana florecida e agromando as follas, o noso cerquiño ven máis atrasado: está espido. E neste mes, se vindes ás Festas, ollade as follas de ámbolos dous; o noso rebolo tenas cheas de peliños que o protexen das altas temperaturas do verán, e que lle dan unha cor cincenta.
Quercus pyrenaica |
Son máis rechamantes; teñen os lóbulos moi pronunciados (nada que ver coas do carballo: unhas curvas apenas insinuadas). Faleivos da benevolencia do idioma para marcar o único exemplar de veriño. Ide e ollade: É o carballo de toro máis groso. Da cortiza máis negra. Das polas máis esveltas...
E, nembargantes, tórcese, humilde, cara a súa esquerda, para que don Ramón María del Valle Inclán - felizmente sentado cara ao leste - goce, eternamente, da vista senlleira da nosa Catedral.
Arredor do san Bieito, 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario