( Graham Greene : “The quiet american”)
I
Caine
Onte vin,novamente, un extraordinario filme.
Foi nunha desas canles televisivas que só emiten películas a eito.
( E si, ejem, co grande pecado de omitir os “créditos”, lembrades?. Agardamos impacientes o nome dos actores, mentres soa a banda sonora e cortan abruptamente para promocionar... a programación)
A cousa é que, mitómano irredento -xa sabedes- fiquei absorto polo grande Michael Caine.
Un traballo contido, profundo: enche a pantalla e nunca defrauda nas escenas comprometidas.
O filme, dirixido por Phillip Noyce, é de 2002.
Así que , matinade, cantos anos tiña Sir Michael ?
II
Greene
Para magnificar o pracer, procurei –hoxe todo está na arañeira- a Graham Greene (1904-1991).
O mítico escritor británico, creador do personaxe de Thomas Fowler- un xornalista veterano, de volta de todo - e, xa, asociado para sempre a Sir Michael Caine.
.................
Cal non sería a miña sorpresa cando atopo, amén da biografía,
unha súa ( intensa ) relación con Galicia.
III
Hoxe
E coa sorpresa, a miña devota admiración polo traballo que, hoxe en día, debullan estes novos creadores galegos.
Estamos (seguimos) no bo camiño.
“O amor é un sentimento que pode salvarnos ou destruirnos,
segundo como o utilicemos”
(O Americano impasible. Graham Greene)