venres, 7 de xuño de 2024

Hai futuro !

   

Gallaecia fulget !


I


Moitos anos despois voltei a “Los Robles”.
Tal e como lle comentei ao meu sobriño, estes azares misteriosos son marabillosos..... puro alimento espiritual!
Óscar, subdelegado da XV promoción de Enxeñeiros informáticos da ETSE convidoume a súa graduación: 2020-2024.


II


Daba xenio vélos : altos, fermosos –traxe e gravata! -, felices, entregados á cerimonia.
E as familias, orgullosas
Cun rigoroso protocolo, só podían asistir catro (4) persoas: familiares e amigos.


III

Houbo diversas intervencións de madriñas e padriños (profesores) desta XV Promoción, que foron seleccionados polos 67 graduados:
- ninguén se negou.
- todos falaron ao caso
E mesmo gardei unha nova relevante:
Haberá dúas Cátedras, de nova creación, no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes –Citius- grazas á iniciativa privada:
Plexus Tech sobre a Intelixencia artificial, IA
Televés Corporation sobre o deseño,fabricación e montaxe de circuítos integrados (microchips)
.........................

IV

E, no remate , a fermosura do mítico Gaudeamus igitur, que todos cantamos cómplices, felices e orgullosos.....
Qué fachenda !

Xuño 2024