luns, 18 de marzo de 2019

Téñolle rabia ao silencio

 Hai unha rapaza galega : María Xosé Silvar –Sés –(1982) 

 Acaba de e publicar o seu derradeiro disco.


“Rabia ao silencio” é o título (Baseado na mítica Le tengo rabia al silencio, de don Atahualpa Yupanqui ).

Son  dez cancións, xa clásicas, que ela homenaxea coa súa voz rotunda,poderosa, combativa... e cuns arranxos moi acaídos –que nos ateigan de  emoción,empatía,xenerosidade -   de guitarra, frauta, acordeón...


Un admirable  traballo  que pon en valor -tamén- a grandeza universal do noso idioma...


Qué ben soa don Ata, en galego !

 Foi polo san Patricio deste 2019