lunes, 12 de marzo de 2018

Pena de Francia

Prezada curmá:

Non  podía deixar sen resposta esa ligazón de Clarín onde Celia Otero, -escritora-, conta as súas orixes galaicas... Vaia  relato!

A pouco que un –nado na Gallaecia- teña unha mínima curiosidade, chégalle á alma. Imaxínate a min, sempre alerta, inquedo, predisposto, rendido...

Desde que souben e coñecín as terras do  Deza, oín falar da "Pena de Francia". Unha romaría nos altos de Dozón (Concello límite con Lalín; igual que Ares e Mugardos: divisións administrativas e artificiais dunha bisbarra)

Procurando nas "redes"... vaia!, atopo a páxina duns colegas -camiñantes-. Emocionado, por esas conxuncións astrais que tanto me asombran... Vai ligazón:



Nese vídeo -ollando a ermida- coa  marabillosa "Caravansary" de fondo, resúmese –grandioso- o noso espírito galaico, celta..., e ten sentido o  relato, formidable, de Celia: "Shh, caladiños, que as silvas escoitan..."

Unha grande aperta cómplice, agardando a primavera, neste chuvioso marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario